Néboa ofrece un novo espazo para gozar da arte contemporánea en Lugo

Laura López LUGO / LA VOZ

LUGO CIUDAD

A nova galería de arte Néboa abriu as súas portas coa exposición «Non hai dúas sen tres», de Carlota Pereiro
A nova galería de arte Néboa abriu as súas portas coa exposición «Non hai dúas sen tres», de Carlota Pereiro Laura Leiras

A nova galería, situada en Lamas de Prado, estreouse cunha exposición de Carlota Pereiro

02 dic 2023 . Actualizado a las 13:48 h.

A cidade de Lugo conta desde esta semana cun novo espazo para gozar da arte contemporánea. Trátase da galería de arte Néboa, que abriu as súas portas á altura do número 31 de Lamas de Prado, baixo a xerencia de Alba López Porto.

Alba López, xerente de Néboa, e Carlota Pereiro, artista que expón na galería
Alba López, xerente de Néboa, e Carlota Pereiro, artista que expón na galería Laura Leiras

De inaugurar este novo espazo expositivo encargouse a artista compostelá Carlota Pereiro, que presenta Non hai dúas sen tres, na que mostra a súa visión dun mundo tríptico, a través da cor, a forma e o volume. Pereiro, que colabora desde hai unha década co Museo Nacional Thyssen-Bornemisza, volve así a expoñer en Galicia, despois de impulsar varios proxectos artísticos en Madrid.