A feira do libro e a homenaxe a James Joyce marcan a oferta cultural da cidade
19 may 2023 . Actualizado a las 11:19 h.Os máis lectores da cidade poderán seguir gozando da Feira do Libro ata mañá na Praza Maior, onde están instaladas as casetas das doce librarías que acoden á feira e que abren de 11.00 horas a 20.00 horas. Para hoxe están previstas as seguintes actividades e sinaturas de libros:
11.00 horas
Miguel Ángel Biurrún González asinará a súa novela «Alma» na caseta da libraría Aguirre, dende as 11.00 horas e durante toda a mañá.
12.45 horas
Organizarase un roteiro escolar, que consistirá nunha actividade musical chamada «A historia do rock’n roll en 45 minutos: de Elvis a Nirvana», baixo a dirección de Jacobe de Lope.
17.00 horas
Robert Cagiao asinará hoxe a saga «El guardián de las flores» na caseta da libraría Cortizas durante toda a tarde.
17.30 horas
Actuación infantil a cargo de Barafunda Teatro, que traerá á cidade o seu espectáculo «Ciclocontos e cantigas». Asimesmo, tamén a partir das 17.30 horas, a autora Ana Meilán asinará «Familiando xuntos» na caseta da libraría El faro de los tres mundos.
18.00 horas
Eduardo Baamonde asinará «Lugo en Acuarelas» e «Ribeira Sacra en Acuarelas» xunto a Jordi Cicely, con «Mariela envenena mis sueños» na caseta da libraría Biblos. Mentres, na caseta da editorial Lar estará Alexandre Centeno asinando o seu libro «Las diez mil hijas de Irene. Cien años del fútbol femenino en Galicia».
19.00 horas
O escritor Paco Martín presentará a súa novela «Mr. Smith e a festa murada» acompañado do autor, Alejandro Tobar, na caseta da Editorial Galaxia.
20.00 horas
Armando Requeixo presentará o seu libro «Pensar é escuro», acompañado de Luísa Villalta, Susana Villalta e Claudio Rodríguez, na caseta de Galaxia.
Centenario do «Ulises»
Lugo cidade acollerá hoxe o programa «Ulysses European Oddisey», que celebrará o centenario da publicación do famoso libro de James Joyce. A capital lucense será a única de Galicia e de España nunha rede na que participarán capitais europeas como París, Atenas, Budapest, Berlín, Copenhague ou Estambul, entre outras.
As actividades de hoxe comezarán ás 09.30 horas na Praza de Abastos cun almorzo literario introdutorio coa concelleira de Cultura, Maite Ferreiro; o director da Oficina Europea Creativa do Ministerio da Cultura de Lugo, Augusto Paramio; o decano de Humanidades do Campus Terra, Gonzalo Francisco Fernández Suárez, e a directora da fundación Uxío Novoneyra, Branca Novoneyra.
A partir das 10.30 horas, o musicólogo Xabier Blanco e Martina Ferradás participaran na actividade «Como soaba a música nos tempos de Ulises?» na Praza de Abastos.
Ás 12.30 horas haberá unha ruta guiada pola Muralla a cargo de Lidia de la Fuente.
Máis tarde, cara as 13.30 horas, o restaurante Paprica preparará unha degustación de tapas.
Pola tarde, o Círculo das Artes acollerá unha lectura danzada da asociación 3 Monos ás 16.30 horas, seguida dunha presentación da vida e obra do autor no Vello Cárcere ás 18.30 horas.
O final da xornada chegará cara as 21.00 horas cun brinde polo escritor na Rúa Nova a través dunha actividade literaria encabezada polo poeta lucense Genaro da Silva.