As anpas galegas presentan en Lugo un plan educativo específico para o rural

Suso Varela Pérez
suso varela LUGO / LA VOZ

LUGO CIUDAD

Foto de archivo de un colegio rural ubicado en O Courel, al sur de la provincia de Lugo
Foto de archivo de un colegio rural ubicado en O Courel, al sur de la provincia de Lugo ALBERTO LÓPEZ

Demandan solucións e ofrecen fórmulas para que o ensino nos concellos rurais non sexa un impedimento para as familias e os alumnos

18 mar 2023 . Actualizado a las 21:46 h.

As anpas galegas presentaron este sábado na Casa das Ínsuas de Rábade os resultados dun informe sobre os problemas e as solucións para conseguir o que denominan un Plan Educativo Específico para o Rural Galego. «Sabemos que temos un rural que está a esmorecer pola falta de políticas de apoio claras e valentes, que camiñamos cara unha desaparición progresiva da vida rural, non tal e como se entendeu tradicionalmente, iso sería evolución, senón entendida dende un punto de vista absoluto: non se vai poder vivir no rural que permaneza se non nos preocupamos de variar o ritmo de despoboación, desleixo, abandono e falta de opcións que estamos vivindo xa», explican desde a confederación de anpas galegas.

Pero, como sinalaron durante a xornada, na que participaron educadores e pais, «que o rural esmorece é certo, que podemos evitalo, tamén; porque a xente quere vivir onde naceu, e moita outra xente, mesmo quere retornar a onde viviron os seus antergos, así que tócanos cambiar o rumbo do que se fixo e demandar e traballar por un rural moderno, cheo das mesmas opcións que calquera outra parte do noso país, e no que as xeracións do futuro, e as presentes xa, poidan concibir unha vida tan completa como a que poidan chegar a ter nunha vila, ou nunca cidade galega».

Situación actual da que se parte

No informe que se presentou déronse cifras, datos e testemuñas, asi como suxerencias, sobre o futuro da educación do rural galego.

• Galicia ten 33000 núcleos poboacionais.

• 450.000 menores de 30 anos, no 2015.

• 234 concellos con menos de 10.000 habitantes.

• 63 % dos concellos teñen menos de 5.000 habitantes.

• En Lugo o 81 % dos seus concellos teñen menos de 5.000 habitantes e no caso de Ourense, o

88 %.

• Temos un rural desestruturado territorialmente.

• 21 % da superficie agraria útil cando debera estar nun 40-45 %.

Situación do ensino

• A escola rural ten unhas características que teñen que atenderse dunha maneira especial e o servizo educativo.

• O peche de escolas e a restrición de profesorado inflúen nas necesidades de apoio e reforzo

educativo.

• Optatividade: non é igual para todos. Nos centros pequenos non hai posibilidades.

• Precariedade e inestabilidade moi elevada no profesorado que imparte nos centros rurais.

• É tamén un elemento vertebrador para as parroquias, concellos pequenos e para a sociedade en

definitiva. Por iso debera ser obxecto dunha especial protección.

Que rural queremos?

• Un rural produtor e transformador.

• Un rural consciente e que aproveite dos seus recursos.

• Un rural que estea orgulloso da súa fala é importante porque na fala está a maneira de velo mundo, o nexo de unión, é o que fai que sexamos sociedade.

• Un rural coas últimas tecnoloxías ó servizo das familias e das explotacións pequenas.

As demandas que presentaron foron as seguintes:

• Acordo político: garantir unha carteira de servizos mínimos irrenunciables.

• Plan de desenvolvemento e enfoque integral dende varias consellerías.

• O ámbito rural e o urbano teñen realidades distintas e requiren atencións distintas.

• Esforzo orzamentario: o goberno galego é que ten que recuperar servizos, ten que darlle dinamismo necesario para que sexa un rural de bandeira e deixe de ser a Galicia da tristeza e do silencio.

• Definición de escola rural e consenso nesa definición: iso vai limitar que políticas vamos a desenvolver e á hora de valorar os custes que ten. Esa valoración non se pode facer cun simple rateo porque detrás dun mantemento dun rural no que a xente queira e poida vivir, está a custodia do territorio.

• Deseño dun sistema de valoración obxectiva: definición de indicadores para ver cal é a resposta máis axeitada que hai que dar.

• Creación de servizos de apoio para a cidadanía pero tamén cun desenvolvemento económico específico para atender as necesidades que ten.

• Condicións axeitadas para ter xente que queira vivir no rural, manterse no rural e desenvolver o seu proxecto de vida no rural.

• Facer atractivos eses centros rurais.

• Infraestruturas e dotacións idénticas en calidade e en cantidade aos centros urbanos. O rural necesita unha escola próxima, ao servizo do desenvolvemento do rural porque ten futuro dunha obra enorme pola que está esperando dende fai tempo. A escola rural ten futuro pero depende das decisións políticas que se tomen sobre ela.

El colegio rural que sigue sumando alumnado: «O éxito é xuntar a toda primaria nunha clase, aprenden máis rápido»

UXÍA CARRERA

El colegio de Triacastela llegó a tener 300 alumnos, la mitad de la población actual. Hoy ese número se reduce a 21. Aunque no lo parezca, es una cifra positiva. Este curso el centro sumó tres matrículas y, desde enero, otras tres. Al frente está Alejandro González, un joven director de 27 años que luchó por tener una plaza en un colegio rural.

La escuela de Triacastela casi entorpece las vistas a la montaña del Oribio. Pero dentro del edificio se recupera el verde. Está presente en los murales, decorados y creaciones de ríos, árboles o ecosistemas de los 21 niños que estudian en el cole. A principio de curso eran 17, pero en enero la llegada de dos pequeños marroquíes y otra de Alicante sumaron más sillas ocupadas. «Os pais da nena alicantina faláronme tras saber que traballabamos moito ca natureza, hai máis interese por ese tipo de educación», explica González.

Seguir leyendo