Lugo ofrecerá un centenar de actividades en 2023 como capital do Eixo Atlántico

CANDELA F. ROLDÁN LUGO/ LA VOZ

LUGO CIUDAD

Abraham Cupeiro actuará na inauguración da programación do Eixo Atlántico en Lugo.
Abraham Cupeiro actuará na inauguración da programación do Eixo Atlántico en Lugo. ALBERTO LÓPEZ

A cidade amurallada acollerá este ano a mellor música, gastonomía, danza, literatura e arte local, galega e portuguesa

14 feb 2023 . Actualizado a las 19:41 h.

A cidade amurallada acollerá este 2023 o mellor das disciplinas culturais locais xunto ás do resto de Galicia e do norte de Portugal a través dun programa con máis dun centenar de actividades con motivo de ser Lugo este ano a capital da Cultura do Eixo Atlántico.

Febreiro

Na xornada inaugural da programación do Eixo Atlántico, que terá lugar o 23 de febreiro, conxugaranse modernidade e tradición no concerto de Abraham Cupeiro e a Orquestra Filarmónica de Braga, que darán ritmo á cerimonia de apertura a partir das 19.30 horas.

Asimesmo, o 25 e o 26 deste mes celebrarase a feira gastronómica «Sabores do Eixo» na Praza de Abastos.

Marzo

Lugo converterase novamente nun lenzo para as obras dos artistas galegos máis recoñecidos co taller «Urban Cores Atlánticas», do 6 ao 12 de marzo, no que intervirán Diego As, M. Pereira, Pía Piadosa e Nomía Núñez.

Durante este mes tamén se celebrará o ciclo «Mulleres Atlánticas-Unha mirada en feminino», do 2 ao 12 de marzo no Vello Cárcere.

O 24 deste mes celebrarase un concerto de Semana Santa no que actuarán Raquel Mendes, Péter Bozi, Fernando Guimaraes e Vicente Antequera, xunto á orquestra Ars Combinatoria.

O 25 de marzo terá lugar o Festival Cores Atlánticas con exhibicións de skate, batallas de gallos e actuacións de DJ na Rúa 8 de marzo.

Ademais, a ligazón literaria entre Galicia e Portugal demostrarase a través dunhas catas literarias no MIHL o 30 de marzo, 27 de abril, 25 de maio, 26 de outubro e 30 de novembro ás 20.00 horas.

Abril

O Vello Cárcere recolle a Feira do libro infantil e xuvenil do 31 de marzo ao 2 de abril a caro de varios contacontos. O Claustro da Catedral acollerá a exposición «Semana Santa, tradición secular», para afondar no significado desta tradición.

A ilusión e a fantasía uniranse na «Maxia do Eixo» con recoñecidos ilusionistas o 13 deste mes. Para rematar o mes, o 28 de abril a gala «GLUMA- Gala Lucus Moda Atlántica».

Maio

Entre o 1 e o 31 de maio celebrarase a «Exposición do cómic» no MIHL para os amantes da ilustración.

Do 2 ao 7, terá lugar o «Tour do Talento», centrado en estimular distintas disciplinas artísticas da mocidade.

Do 2 ao 30 de maio celebrarase o ciclo de conferencias «Gallaecia: pasado común do Noroeste peninsular» no Vello Cárcere con Santiago Ferrer, Fermín Pérez Losada ou Rubén Álvarez. O 11 de maio «De perdidos, ao Miño», un ciclo que promove os encontros pola igualdade, diversidade e inclusión da sociedade no Pase Fluvial.

O 13 e o 14 deste mes haberá un mercadilño no río, e o 15 e 16 un encontro de danza universitaria. Para rematar o mes, o 21 de maio haberá unha mostra de xogos tradicionais galegos e portugueses no Paseo Fluvial.

Xuño

Este mes celebrarase o Arde Lucus do 22 ao 25, unha das tradicionais festas da cidade, que conta xa co distintivo de «Fiesta de Interés Turístico Nacional» polo seu valor.

Desfile infantil de Arde Lucus en xuño de 2022.
Desfile infantil de Arde Lucus en xuño de 2022. Carlos Castro

Xullo

Do 1 de xullo ao 31 de agosto, os lucenses poderán ver a exposición «Retrospectiva da Bienal de pintura do Eixo Atlántico» no MIHL. Do 4 ao 26, a contorna fluvial de Lugo contará con actuacións musicais.

Do 3 ao 19 de xullo, celebraranse os obradoiros «Creando talentos», apra dar renda solta á creatividade literaria e pictórica. Ademais, do 6 ao 27 deste mes terá lugar o programa «Concertos na Chanca» no Paseo do río Rato.

Agosto

Os xoves do mes de agosto celebrarase o programa «Títerecirco», dende o 2 ao 29.

Setembro

Do 15 ao 16 de setembro terá lugar o Caudal Fest, no que actuarán este ano Leiva, Vetusta Morla, Dani Fernández, Miss Caffeína Berto, Sidonie, Ojete Calor, La La Love You, Yeico x Toni, Berto, etc.

Leiva actuará no Caudal Fest de Lugo este 2023.
Leiva actuará no Caudal Fest de Lugo este 2023. María José López | EUROPAPRESS

Outubro

Volverá a tradicional festa lucense San Froilán coas casetas do polbo, actuacións musicais e moito máis do 4 ao 12 de outubro.

Os nenos xogando nas barrancas do San Froilán a pasada edición.
Os nenos xogando nas barrancas do San Froilán a pasada edición. ALBERTO LÓPEZ

Novembro

No 27 de novembro celebrarase o I Encontro de Cidades patrimonio da Humanidade do Eixo Atlántico e un concurso gastronómico de tapas.