Adolfo de Abel Vilela, 50 anos aprol da historia de Lugo

adolfo de abel vilela LUGO

LUGO CIUDAD

Dedico a miña exposición na Biblioteca ás persoas que valoran o meu traballo

06 dic 2022 . Actualizado a las 18:20 h.

Tal día como hoxe, xa hai 50 anos, saía á venda Origen de las edificaciones adosadas a la muralla de Lugo, o meu primeiro libro. Era mais ben un folleto de 86 páxinas, con 21 fotografías preparado nun mes e que tivo para min a importancia de ser o inicio da publicación de varios libros, trinta ata o momento e varios centos de artigos, sobre a historia da nosa cidade da que daquela pouco se sabía, ata nos trabucamos na celebración do Bimilenario en 1975.

Uns anos antes comezara a visitar o Arquivo Histórico, escasamente frecuentado por investigadores por non dicir de nula presenza, reducido a un cativo despacho para consulta e un depósito, pois carecía de edificio propio independente da Biblioteca como agora. Íamos o bo amigo Leoncio Cadórniga Carro, veterinario de profesión, que buscaba nas actas municipais do Concello de Lugo cuestións relacionadas coa súa profesión sobre as que publicou varios artigos.

Eu xa era enxeñeiro agrícola, pero aínda non fixera a licenciatura de Xeografía e Historia, e por tanto eramos un usuarios do Arquivo seguramente considerados como intrusos polos que por formación e oficio se deberían ter ocupado en sacar á luz a nosa longa historia, pois en Lugo desde 1842 había Instituto con catedráticos e profesores da materia que o podían ter feito. Terían cousas mellores que facer. Como o panorama da nosa historia local era un ermo e a maioría dos que nos impuxemos por afección a tarefa de descubrila, pois nada tiñamos que ver co gremio dos historiadores, debería de escusársenos a falta de método e mesmo de coñecemento.

Históricos historiadores

Por dar conta dalgúns voluntariosos da miña época recordar a Narciso Peinado Gómez, mestre; José Trapero Pardo, xornalista; Manuel Vázquez Seijas, funcionario da Deputación; Antonio García Conde, Francisco Vázquez Saco, Nicandro Ares Vázquez e Jaime Delgado Gómez, cregos; e si nos imos cara atrás ata comezos do século XX, Salvador Castro Freire, boticario; Manuel Amor Meilán, funcionario da Deputación e xornalista e Antolín López Peláez, crego.

Houbo unha excepción, a de Antonio Fraguas Fraguas na etapa de catedrático no Instituto Masculino (1950-1959), que si traballou no Arquivo Histórico obtendo información para varios artigos, algúns publicados despois de marchar para Santiago.

Como tamén eran escasas as institucións que publicaban libros, financie a edición do meu libriño que maioritariamente foi cualificada de moi oportuna, seguramente ese era o seu maior mérito, así que os estímulos recibidos por parte de Ramón Falcón Rodríguez, subdirector xeral de Belas Artes, e brazo executor de todo o complexo trámite das expropiacións das casas, da súa derruba e da restauración posterior da Muralla, fixo que continuase a investigación sobre todo a partir do século XVI que é cando temos documentación escrita.

Aproveito para dicir que o impulsor deste proxecto foi Manuel Fraga Iribarne, ministro de Información e Turismo, que con ocasión da súa presenza en Lugo en 1969 con motivo do Tricentenario da Ofrenda do Reino de Galicia ao Santísimo, veu acompañado por varios altos cargos de diferentes ministerios implicados no proceso, para constituír o «Patronato de la Muralla», que serviu para iniciar os trámites que dous anos despois culminaron coa publicación do Decreto do 8 de xullo de 1971, que declarou de utilidade pública os edificios que había apegados ás murallas romanas de Lugo.

Neste medio século o avance no coñecemento da historia de Lugo na época romana foi espectacular desde 1986 cando se fixeron obrigatorias as escavacións arqueolóxicas no recinto histórico. O mesmo podemos dicir dos outros períodos polos traballos e aportacións doutros investigadores.

O que isto escribe fixo o que puido neste medio século empregando o seu capital e o seu lecer nunha tarefa da que me sinto satisfeito e, sobre todo, moi gratificado e agradecido aos seguidores cos que conto do meu traballo. A eles vai dedicada a exposición da miña bibliografía que se pode ver na Biblioteca Pública ata o 16 de decembro.

Exposición de los 50 años de Adolfo de Abel Vilela como historiador

Adolfo de Abel Vilela muestra 50 años de estudio y de amor a Lugo

XOSÉ MARÍA PALACIOS

En Lugo ciudad hay pasado en abundancia. A Adolfo de Abel Vilela, lucense de nacimiento, no le hizo falta irse muy lejos para sumergirse en la investigación histórica. La Muralla de Lugo, hoy Patrimonio de la Humanidad, y el mundo romano en general ocupan una parte de sus trabajos, pero hay más aspectos estudiados por él.

La Biblioteca Pública de Lugo acoge desde este miércoles una exposición que repasa la trayectoria de este historiador. Hay una ocasión que la justifica de manera especial, ya que este mes se cumplen 50 años de la aparición de su primer trabajo, que llevaba por título Origen de las edificaciones adosadas a la Muralla de Lugo.

Seguir leyendo