—E que época histórica de Lugo lle gustaría vivir ou a que personaxe lle gustaría coñecer persoalmente.
—Eu considérome afortunado e estou moi satisfeito da época que me tocou vivir, pero si tivera que elixir unha diferente, sería a primeira metade do século XII, na que ten lugar a cuarta e derradeira repoboación da cidade ordenada por Afonso VI e levada a cabo por Raimundo de Borgoña e dona Urraca. Lugo floreceu e afianzouse despois de tres repoboacións fracasadas. Personaxes varios, pero un tipo interesante, pola súa sensibilidade e cultura, debeu ser no primeiro terzo do século XIX Manuel Fernández Varela, que foi dean de Lugo e Comisario Xeral da Cruzada.
—Ao mellor o poño nun apreto, pero se tivera que quedarse con tres libros, xa sexa polo valor persoal ou pola satisfacción que supuxo o seu traballo, ou pola repercusión que tivo?
—Iso é como preguntarlle aos nenos a quen queren máis, si a papá ou a mamá. Dos publicados o primeiro «A muralla romana de Lugo na documentación dos séculos XVI ao XX», por ser onde está todo o meu saber sobre o monumento; o segundo «La ciudad de Lugo en los siglos XII al XV. Urbanismo y sociedad», ao que lle dediquei quince anos, e o terceiro «A Pompa funeral e festiva como exaltación do poder. O cerimonial en Lugo», por ser ben considerado e unha temática pioneira en España. Dos alleos a Lugo, a catalogación razoada da obra do pintor coruñés Manuel Abelenda por encargo da Fundación Barrié, e que consideraron como o mellor libro de arte que tiñan publicado.
—Agora, que fai este repaso de 50 anos, de quen se acorda especialmente polo impulso e axuda que lle puido aportar.
—A verdade é que non había moito a quen recorrer, pero sempre que precisei algo fun atendido. Afortunadamente foron varios os que colaboraron puntualmente, os cregos Amador López Valcárcel, Nicandro Ares Vázquez, Jaime Delgado Goméz aos que lles consultei cuestións relacionado coa Igrexa, e actualmente estoulle moi agradecido ao colega Julio Reboredo Pazos polas fotografías e informacións que me facilitou para algún dos últimos traballos que están sen publicar.
—Do seu paso pola política, a xestión e mesmo a docencia... que lle aportou á hora de acometer unha investigación e a escritura dos libros? Ou son aspectos que nada teñen que ver.
— O paso pola política pode aportar información para escribir unhas Memorias, o paso pola docencia, ademais doutros valores, aporta metodoloxía, criterios, oficio na comunicación e facilidade para a divulgación. Pero no meu caso máis ben penso que foi ao revés. Os libros son os que me fixeron aportacións para o desenvolvemento do traballo na política, na administración e na docencia. Os libros son unha fonte básica do coñecemento, e sen eles non hai ciencia, nin información, nin formación, nin cultura. O que sabemos é o que nos fai interesantes e útiles na sociedade e unha boa parte do saber actual séguese adquirindo nos libros.
— Se lle pregunto polo seguinte libro que publicará, máis alá do 16 de decembro?
—Son dous pero non debo dar os títulos porque descubriría o tema, é un encargo dunha institución e considero que sería unha descortesía anuncialo. Estou moi satisfeito de como quedan e podo dicir que é a primeira vez que se trata o asunto en profundidade. A min agora os traballos sáenme cada vez con máis páxinas, porque os anos non só dan engurras e canas, a vida aporta o que non dan os libros, experiencia, e tamén máis coñecemento e información.
—Logo, hai Adolfo para rato
—Aínda que xa estamos na tapa final da vida, co pé no estribo, como lle dicía Cervantes pouco antes de morrer na segunda parte do Quixote ao seu mecenas o conde de Lemos, agardo ter unha prórroga para rematar os meus proxectos, entre os que están algúns libros e o Centro de Interpretación da Burguesía no Pazo das Pombas, que para iso o mercamos.
suso varela
El decreto del Gobierno publicado en el BOE del 16 de agosto de hace 50 años que declaraba de urgencia la ocupación de todas las edificaciones pegadas al exterior de la Muralla fue la base legal para acelerar el proceso de derribo y que no apareciesen problemas a la hora de su ejecución. Como explica el historiador Adolfo de Abel Vilela en su libro «A muralla romana de Lugo» (2011), «con este decreto tense aberto o camiño legal para comezar as actuacións».
Entre octubre y noviembre de 1971 se redactaron las actas de ocupación de las 81 viviendas que iban a ser derribadas, para en diciembre determinar las indemnizaciones, procediéndose a las ofertas a los dueños.
Seguir leyendo