Que se pode facer en Lugo este luns, 11 de xullo?

Lorena García Calvo
Lorena G.C. LUGO / LA VOZ

LUGO CIUDAD

A feira do libro antigo celebrarase ata o día 17 en Lugo
A feira do libro antigo celebrarase ata o día 17 en Lugo REBECA

Actuación de Wicked World en Divina Pastora e feira do libro antigo

11 jul 2022 . Actualizado a las 05:00 h.

Dentro do programa Localmente Lucense, impulsado polo Concello de Lugo para dinamizar os barrios e potenciar as compras e o consumo nos seus establecementos, este luns celébrase un novo concerto. A partir das 21 horas comezará na rúa Divina Pastora o concerto de Wicked World, un grupo fundado no 2017 co obxectivo de render tributo a grupos das décadas dos 70, 80 e 90.

Dentro da programación dos tardeos e noiteos do Localmente Lucense, esta semana hai fixados outras tres actuacións. O mércores 13, na Fonte dos Ranchos, haberá unha proposta musical de Xeosmina. Para o venres 13, está previsto que actúe na confluencia de Recatelo con Díaz Pardo Sonâmbulum. E o sábado será o turno da actuación de Rut León y Familia na Praza do Campo.

Feira do libro antigo

Os amantes dos libros teñen estes días unha cita importante na cidade amurallada. No fondo da Praza Maior atópanse os postos que participan na Feira do libro antigo e de ocasión, que alcanza xa a súa trixésimo primeira edición. Estará ata o día 17. 

As librarías participantes ofrecen todo tipo de volumes. Algúns que entran na categoría de antigos, pero tamén produtos máis actuais. Novelas, tratados, ensaios, contos ou libros de fotografía están dispoñibles para a súa venda.Os postos permanecen abertos en horario de mañá e de tarde, e continuarán a toda a semana.