
O Patrimonio Mundial acolleu unha proxección para celebrar o Día do Leite
01 jun 2022 . Actualizado a las 17:14 h.A Muralla de Lugo tinguiuse de vaca na noite do martes para conmemorar o Día do Leite. Unha data na que Casa Grande de Xanceda, co apoio do Concello de Lugo, quixo reivindicar o valor do mundo rural e a importancia da produción leiteira en ecolóxico como unha ferramenta máis para manter a biodiversidade.
Sobre as 11 da noite, na Porta de Santiago, un espazo senlleiro no que converxen os tres Patrimonios Mundiais de Lugo (Muralla, Catedral e Camiño), proxectouse sobre o muro romano a pel dunha vaca. Xunto co espectáculo lumínico, a compañía habilitou un espazo no que se podía muxir unha vaca, tamaño real, e ofreceuse un bride con leite.
Todo o evento quixo reivindicar a importancia da produción leiteira en Galicia e, nomeadamente, na provincia como Lugo, na que máis vacas hai en toda a comunidade, con preto de 263.021, case a metade do censo galego. De feito, en 38 concellos da provincia hai máis vacas ca persoas, no de Muras hai cinco por cada veciño, e o Concello de Lugo é o municipio urbano de Galicia con máis vacas: 9.631. Argumentos de sobra para festexar na cidade amurallada o Día do Leite.