O legado do alcalde Ángel López Pérez

La Voz LUGO

LUGO CIUDAD

José López Orozco, Lara Méndez, Julio Reboredo e Tomás Notario Vacas.
José López Orozco, Lara Méndez, Julio Reboredo e Tomás Notario Vacas. CEDIDA

Presentan en Lugo o libro «La Mosca Blanca», de Julio Reboredo Pazos

21 mar 2022 . Actualizado a las 13:09 h.

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, presentou na casa consistorial o libro La Mosca Blanca, de Julio Reboredo Pazos, sobre o alcalde Ángel López Pérez e sobre o Lugo que deseñou e impulsou no primeiro terzo do século XX. A rexedora estivo acompañada do exalcalde José López Orozco, autor do prólogo do libro —que firman todos os primeros mandatarios da democracia— e da presenza do propio Ángel López, xa que o seu retrato, que pintou a lucense Xulia Minguillón, unha das poucas mulleres que logrou primeira medalla na Nacional de Belas Artes, presidiu o acto.

Méndez destacou que con Ángel López Lugo entrou na modernidade, con proxectos como o Hospital de Santa María ou o Parque de Rosalía, pero tamén «foi un mandatario que revolucionou as formas de goberno. Foi valente e decidido, e moi querido», e engadiu que «a obra de Julio Reboredo, amena, interesantísima e moi ben documentada, nos axuda a contextualizar a súas decisións, pero tamén nos aporta unha visión da época nas que se tomaron e de como era a sociedade lucense».

O libro, editado polo Concello de Lugo, detalla tamén as relacións de López Pérez cos distintos grupos sociais e de influencia da cidade e traslada un relato de como era a vida cotiá nun Lugo cunha intensa actividade empresarial, obreira, cultural e de ocio.

López Orozco, pola súa banda, eloxiou o traballo de López Pérez, trasladou a súa admiración por el e lembrou todo o cariño co que o lembra a cidade.

Reboredo repasou as transformacións máis significativas na cidade. Acudiron tamén á presentación o exalcalde Tomás Notario Vacas e numerosos veciños.