A nosa memoria persoal a través dunha exposición de xoguetes en Lugo

la voz LUGO

LUGO CIUDAD

Óscar CelaÓscar CelaÓscar CelaÓscar CelaÓscar CelaÓscar CelaÓscar CelaÓscar CelaÓscar Cela

Abre no MIHL a mostra «Así Xogabamos»

05 feb 2022 . Actualizado a las 13:29 h.

A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, xunto con Cristina López, concelleira de Participación, e representantes da asociación Tekubi Toy, inauguraron este sábado a exposición «Así Xogabamos», que abriu as súas portas na sala de exposicións temporais do MIHL. Ferreiro explicou que «esta exposición é un percorrido por unha parte da nosa historia máis recente, na que toda a familia poderá compartir lembranzas da infancia e ver como mudan os tempos a través dos xoguetes que desfrutamos en cada xeración».

A exposición «Así xogabamos» comezou cunha serie de obradoiros organizados no MIHL pola asociación Tekubi Toy para nenas e nenos de 4 a 7 e de 8 a 12 anos. Os obradoiros comezaron hoxe sábado, en horario de 5 de 11 a 12 e de 12.30 a 13.30, e continuarán este domingo de 11 a 12 horas.

A exposición poderá visitarse ata o vindeiro 28 de maio, nos horarios de apertura do MIHL, de martes a venres de 10 a 13.30 e de 16 a 19.30, sábados, domingos e festivos de 10 a 14 e de 16.30 a 19.30, e durante a Semana Santa de 10 a 14 horas e de 16.30 a 20.30. O día internacional dos museos, 18 de maio, o MIHL abrirá en horario ininterrumpido dende as 10 ata as 20 horas.

Maite Ferreiro explicou que «estamos ante unha exposición que pretende crear un punto de encontro entre distintas xeracións, un espazo no que lembrar e aprender», e engadiu, «continuamos a achegar propostas novidosas e alternativas ao MIHL, continuando co éxito do ano pasado, onde se superaron todos os rexistros de visitantes dos últimos anos».