É Patrimonio Mundial
A construción da fachada a occidente da medieval fixo necesario a finais do século XVIII contar cun novo adro. Como teñen exposto Adolfo de Abel Vilela e Izquierdo Perrín en varios artigos, o adro foi deseñado por Miguel Ferro Caaveiro e executado polo mestre de obras Alejo Frieire. Caaveiro incluso detallou no proxecto a eliminación do cubo esquerdo e da Porta do Postigo, hoxe de Santiago. Os traballos finalizaron —non se certas disputas co Concello pola ocupación dos terreos— en 1788, antes incluso de que rematase a construción das torres da Catedral. O adro que vemos agora apenas tivo modificacións desde que se construíu, salvo unhas obras de reforma de todo o entorno xusto hai un século. Forma parte do conxunto que foi catalogado como Patrimonio Mundial.