Os Reis Magos en Lugo: música, espectáculos e 3.000 quilos de caramelos

Lorena García Calvo
Lorena García Calvo LUGO / LA VOZ

LUGO CIUDAD

Alberto López

As súas maxestades comezaron a recibir esta mañá aos nenos lucenses

05 ene 2022 . Actualizado a las 20:20 h.

Os Reis Magos xa están en Lugo. No mediodía deste mércores chegaron á cidade amurallada para saúdar aos nenos e nenas lucenses e agasallalos con caramelos e sorrisos. As medidas anticovid impediron que a cabalgata prevista saíse polas rúas, polo que o Concello mudou os plans e organizou unha proposta estática na explanada do auditorio Gustavo Freire que estará tamén esta tarde (dende as 17.30 ata as 19.30 horas). Dende antes do inicio da cabalgata, a cola xa era notable.

O funcionamento da cabalgata é o seguinte: Melchor, Gaspar e Baltasar, cada un na súa carroza, sitúanse nos extremos dunha inmensa carpa mentres no centro da mesma varios grupos ofrecen os seus espectáculos entretendo a pequenos e adultos. Deste xeito, os rapaces poden rodear toda a carpa saudando ás súas maxestades e desfrutando da música e do baile. Tamén dos caramelos. En total, repartiranse 3.000 quilos e centos de conos de chucherías. 

En total, son seis formacións as que participan no espectáculo, tres que actúan pola mañá e tres pola tarde. Dous dos grupos son franceses, mentres os demais son formacións locais. Máis de cen persoas están colaborando para que esta segunda cabalgata pandémica cumpra as espectativas dos máis pequenos.