A feira solidaria Diversiarte celébrase do 15 ao 17

Laura López LUGO / LA VOZ

LUGO CIUDAD

Presentación de Diversiarte
Presentación de Diversiarte CEDIDA

O mercado terá lugar, nesta ocasión, na Horta do Seminario de Lugo

06 dic 2021 . Actualizado a las 11:51 h.

Do 15 ao 17 • De 11.00 a 14.00 e de 17.00 a 20.00 horas • Praza Horta do Seminario • Lugo • 

O mercado solidario de Diversiarte estará ubicado este ano na Horta do Seminario, entre os días 15 e 17. A cita está organizada polo Concello de Lugo e distintas asociacións do eido social. A feira recupérase este ano trala paréntese do 2020 pola pandemia. A alcaldesa, Lara Méndez, animou á cidadanía a realizar as súas compras de Nadal en Diversiarte, «xa que esta feira non só e unha oportunidade para coñecer e visibilizar o labor que realizan os colectivos que traballan en favor dos dereitos das persoas, senón unha axuda que irá destinada a axudar no seu funcionamento durante o resto do ano».

A concelleira Olga López subliñou que esta «é unha oportunidade para que a cidadanía aporte o seu gran de area a ditos colectivos grazas a este mercado, onde se poderá atopar información das distintas entidades así como distintos produtos elaborados nas súas asociacións».

Na presentación de Diversiarte estiveron presentes a presidenta de Aspalu, Rosa Fariñas Fernández, e o presidente da Federación Cogami Lugo, José Luis Lolo Celeiro, ademais de representantes do resto de colectivos participantes.

Pola súa banda, tanto a presidenta de Aspalu, coma o presidente de Cogami agradeceron ao Concello a celebración de Diversiarte, que supón «unha forma distinta para que a sociedade nos vexa, para amosar que todos unidos somos máis fortes».

Nesta cita participarán os seguintes colectivos: Síndrome Wolf, AGAL, Capaces, Alucem, Alusor, Alufi, AECC, Diabéticos Lucenses, Afalu, Alcer, Aspalu, Fademga, ONCE, Auxilia, Adace, Aspnais, Feafes, Alume, Cogami, Asorlu, Asfega, DOWN, San Vicente de Paúl, Bonhomía, Os Pinchacarneiros e Raiolas.