Xa é Nadal na Praza de Abastos e no Mercado de Lugo

La Voz LUGO

LUGO CIUDAD

Óscar Cela

O Concello lanzou unha nova edición da campaña de comercio 

23 nov 2021 . Actualizado a las 19:44 h.

O Nadal xa chegou a Lugo e fíxoo, un ano máis, coa Praza de Abastos e o Mercado municipal como primeira parada. Na tarde deste martes a área de Participación inaugurou o alumeado das instalacións, dando así o pistoletazo de saída á campaña de Nadal na praza e no mercado.

Nas instalacións colocáronse 60 elementos decorativos, 14 arcos de luces no interior e dous arcos na entrada da Praza, ademais dunha árbore central de cinco metros. En total, o alumeado está formado por 124.092 leds repartidos entre ambas instalacións.

No acto a Foliada de Bosende foi a encargada de poñer a ambientación musical, ademais de celebrarse unha degustación de produtos de distintos postos da praza para toda a veciñanza.

Ao alumeado instalado no interior da Praza e do Mercado sumarase a iluminación ornamental da cidade, que na contorna do edificio incluirá oito arcos e unha figura en tres dimensións.