O responsábel comarcal, Bernardo Valdés, que repite no cargo tras ser elixido xa no 2016, afirmou que o BNG comeza un novo ciclo. «o BNG pechou unha etapa e pon en marcha un novo ciclo para acadarmos en 2024 o cambio político que precisa Galiza, a militancia máis as 26 persoas que hoxe dicidimos colectivamente poñeremos todo o esforzo preciso para acadalo».
Neste senso, Bernardo Valdés celebrou a implicación da militancia no proceso asemblear «a militancia do BNG é o seu motor, ela é quen toma as decisións e marca a liña politica, todas e todos facemos grande esta organización a que cada día se achega máis xente para transformar o noso país».