Familiares de represaliados no Vello Cárcere entregan documentación de presos que retiveron no centro durante a ditadura

L.G.C. LUGO / LA VOZ

LUGO CIUDAD

Cedida

O material pasa a forma parte dos fondos do centro

31 oct 2021 . Actualizado a las 22:43 h.

Familias de presos represaliados no Vello Cárcere fixeron este sábado entrega á concellería de Cultura de Lugo de documentación de persoas que estiveron presas no centro durante a ditadura franquista. Consiste en cartas de presos, algunhas escritas dende O Vello Cárcere, poesías e fotos, ademais dun documento que narra o proceso legal que se seguiu para enviar a un interno á cadea.

O material sumarase aos fondos do Vello Cárcere baixo o programa que leva o nome «A túa memoria». «Servirá para continuar a avanzar na lembranza de todas as persoas que foron represaliadas durante o franquismo, un dos obxectivos máis importantes do Vello Cárcere», explicou a concelleira Maite Ferreiro. 

A información será incorporada á exposición permanente «O Vello Cárcere: da guerra á posguerra», seguindo os desexos das familias. «Esta exposición é ao mesmo tempo unha homenaxe a todas as persoas que estiveron presas no cárcere durante a ditadura e un traballo de memoria colectiva, para que os crimes da guerra e da ditadura non caian no esquecemento», apuntou Ferreiro. Durante o acto, depositouse un ramo de flores no Vello Cárcere en memoria dos represaliados, aproveitando a proximidade do día de defuntos.