Suscríbete 1 año y te regalamos 140 días gratis
Quiero la oferta

Chineses en América

Cristina Pato
Cristina Pato A ARTE DA INQUEDANZA

LUGO CIUDAD

Frank Schulenburg

22 oct 2021 . Actualizado a las 05:00 h.

Era a presentación dunha obra para cuarteto de cordas do compositor chinés-americano Huang Ruo. E foi Cristina, a miña amiga de Lugo, a que me invitou a ir con ela a ese concerto no Museo dos Chineses en América, o MOCA, no corazón do Chinatown de Nova York.

O Del Sol Quartet comezou tocando o Angel Island Project de Huang Ruo. Angel Island, na baía de San Francisco, era o lugar a onde chegaban os inmigrantes que entraban aos EUA polo Pacífico, como pasaba con Ellis Island en Nova York. Pero a grande diferenza era o feito de que, debido á tremebunda Lei de Exclusión Chinesa, a estancia dos posibles inmigrantes chineses na illa Angel podía durar meses, e o lugar, a pesar de non ser un cárcere, tiña tódalas condicións para selo.

O caso é que nos anos setenta, trinta anos despois do seu peche, atopáronse máis de douscentos poemas en chinés tallados na madeira das paredes das salas de retención. Poemas que contaban as sensacións daqueles que chegan coa esperanza dunha vida mellor e rematan encerrados. Poemas nos que Huang Ruo envorcou a súa música, ao servizo da memoria histórica dos invisibles e que me axudaron a reflexionar sobre o xeito que temos de replicar os mesmos erros.