Sonsoles López recibe o premio Cogomelo Lucus

La Voz LUGO

LUGO CIUDAD

Sonsoles López recibiu o Cogomelo Lucus
Sonsoles López recibiu o Cogomelo Lucus Carlos Castro

A Sociedade Micolóxica de Lugo entregou o galardón á ex deputada provincial pola súa «imprescindible contribución na consecución de grandes proxectos»

14 oct 2021 . Actualizado a las 11:59 h.

A Sociedade Micolóxica Lucus celebrou o acto de entrega do premio «Cogomelo Lucus» correspondente ao pasado ano 2020, suspendido no seu momento polas restricións derivadas da covid-19. O galardón outorgouse, nesta ocasión, á ex deputada provincial Sonsoles López Izquierdo, «en agradecemento á súa imprescindible contribución na consecución de grandes proxectos da Sociedade Micolóxica Lucus, nun marco constante de respecto, colaboración e benquerenza, así como polo agarimo amosado á asociación ao longo do tempo».

O acto, reservado a socios e autoridades e institucións colaboradoras, tivo lugar no Restaurante Los Robles, nun ambiente festivo e de confraternidade.