Poesía e música dan voz ás mulleres represaliadas polo franquismo

Laura López LUGO / LA VOZ

LUGO CIUDAD

Cartel del proyecto  Mulleres na memoria
Cartel del proyecto Mulleres na memoria

Lugo presenta un proxecto artístico de recuperación da memoria histórica

13 oct 2021 . Actualizado a las 11:27 h.

Hoxe e mañá • 20.30 horas • Casa do Saber (Lugo) • Entradas en cultura.lugo@usc.es. Retransmisión por «streaming» en ir.gl/mulleresnamemoria • 

Poesía e música darán voz ás represaliadas polo franquismo, grazas ao proxecto «Mulleres na memoria», impulsado pola Vicepresidencia da Deputación e a área de Cultura da USC. A arte servirá así para restaurar a memoria das mulleres asasinadas.

Tomando como referencia a publicación Ámote vermella (Xerais, 2009) de Claudio Rodríguez Fer, con poemas dedicados a mulleres represaliadas polo franquismo, propúxose a cinco músicos e grupos lucenses a composición de cadansúa peza. Poeta e músicos traballaron conxuntamente a selección dos poemas e a documentación de contextualización de cada un deles, resultando un repertorio que se dará a coñecer na Casa do Saber.