Comeza en Lugo un ciclo de cinema sobre Eric Rohmer

Laura López LUGO / LA VOZ

LUGO CIUDAD

Conto de primavera
Conto de primavera CEDIDA

A primeira proxección será «Conto de primavera», na Casa do Saber

28 sep 2021 . Actualizado a las 12:20 h.

Desde o 29 de setembro ata o 20 de outubro • 19.30 horas • Casa do Saber (Vicerreitorado, Lugo) • Aforo limitado. Reserva de entradas en clubvalleinclan@hotmail.com • 

O Club Cultural Valle-Inclán retoma a programación cinematográfica a partir desta tarde cun ciclo dedicado aos Contos das Catro Estacións, de Éric Rohmer, dentro das Sesións de Filmoteca que se desenvolven en colaboración coa Filmoteca de Galicia, segundo o convenio de colaboración coa Agadic. O programa de filmes é o seguinte:

· 29 de setembro. Conto de primavera (1990). 112 min. Trata sobre unha moza graduada en filofía á quen a súa amiga a convida a pasar unha fin de semana no campo, xunto ao seu pai e á súa amante. Ao final, a moza e o pai da súa amiga quedan sós.

· 6 de outubro. Conto de verán (1996). 113 min. Un mozo veranea nun balneario onde espera atoparse cunha moza da que está namorado, pero coñece a outra rapaza atractiva e fai amizade cunha camareira.

· 13 de outubro. Conto de outono (1998). 111 min. Protagonizada por dúas amigas, unha delas, viúva, á que lle intentan buscar parella cos anuncios por palabras.

· 20 de outubro. Conto de inverno (1992). 114 min. Os protagonistas teñen un romance nunhas vacacións, pero perden o contacto por unha confusión de enderezos.