Novo ciclo teatral no Gustavo Freire de Lugo con 19 funcións ata finais de ano

Laura López LUGO / LA VOZ

LUGO CIUDAD

Presentación del ciclo de teatro
Presentación del ciclo de teatro CEDIDA

Comeza o 30 de setembro co Centro Dramático Galego

25 sep 2021 . Actualizado a las 18:44 h.

A concelleira de Cultura, Maite Ferreiro, presentou a programación teatral que terá lugar no Auditorio Municipal Gustavo Freire ata finais de ano. Trátase de 19 propostas para distintos públicos. O ciclo inclúe 12 propostas para público adulto (20.30 horas) e 7 para familias (18.30 horas). Para acceder ao recinto será preciso adquirir entrada en entradaslugo.es ou na Oficina Municipal de Turismo, cun prezo de 5 euros nas actividades para adultos e de 3 nas familiares. As persoas en paro, menores de 30, pensionistas e actores da AAAG terán un desconto do 30% nas actividades para público adulto:

· 30 setembro. «Serva me servabo te» do Centro Dramático Galego. Maiores de 14

· 21 outubro. «La suerte» de Pérez & Disla. Maiores de 14

· 24 outubro. «Semente. O home que plantaba árbores» de Eme2. Teatro familiar, para maiores de 7 anos.

· 28 outubro. «Un home con lentes de pasta» de Redrum.

· 31 outubro. «Hay una sirena en mi salón» de La teta calva. Teatro familiar, para maiores de 6 anos.

· 4 novembro. «Drop» de Pistacatro Produtora de Soños. Teatro familiar, para maiores de 10 anos. 20.30.

· 6 e 7 novembro. «Nevermore» de Chévere. 20.30 e 18.30

· 11 novembro. «Desde o invisible» de La Quintana Teatro

· 14 novembro. «Gaia Baba» de Moving Compass. Teatro familiar, para maiores de 7.

· 18 novembro. «Comando Comadres» de Matrioshka Teatro

· 21 novembro. «Soga & Cinsa» de Aporía Escénica. 18.30.

· 25 novembro. «Doce uvas, dúas mulleres e unha oliva» de Olivas negras

· 28 novembro. «A lúa vai encuberta» de A quinta do Cuadrante. 18.30.

· 2 decembro. «Porvenir» de ImproMadrid

· 5 decembro. «A nena que vivía nunha caixa de mistos» de Caramuxo Teatro. Teatro familiar, para maiores de 3

· 9 decembro. «O charco de Ulises» do Centro Dramático Galego. Maiores de 14.

· 12 decembro. «Las pequeñas cosas» de La Mecánica. Todos os públicos.

· 16 decembro. «Formigas no peto» de Ítaca Teatro. Para maiores de 16 anos.

· 19 decembro. «Mulleres na memoria». Todos os públicos. 21.00 horas. Seis grupos lucenses presentan as súas composicións sobre mulleres represaliadas a través de poemarios de Claudio Rodríguez Fer e Carmen Blanco. Os grupos son Iria Estévez e Gonzalo Piña, Los Zorros, Paloma Suanzes, Olalla Caamaño, Hit the bit e Carlos Díaz. As mulleres son Consuelo Alonso, «A comunista». (Fusilada en consello de guerra) Urania Mella, Carmen Sarille Lanceiro (Morte extraxudicial), Manuela Graña Rico (Morte extraxudicial) Virginia Meilán Varela (Morte extraxudicial), Juana Capdevielle (Morte extraxudicial e as Guerrilleiras dos Ancares , Consuelo , Alba, Florinda e Domitila