«Unha peña debe ser para vivir a paixón que temos todos xuntos»

Lucía Blanco / M. G. LUGO / LA VOZ

LUGO CIUDAD

A cafetería Palazós é a sede desta peña de afeccionados do Atlético de Madrid.
A cafetería Palazós é a sede desta peña de afeccionados do Atlético de Madrid. ALBERTO LÓPEZ

A cidade de Lugo conta desde xaneiro deste ano cunha nova peña oficial do Atlético de Madrid

30 jul 2021 . Actualizado a las 05:00 h.

Aínda que este grupo de lucenses, afeccionados do Atlético de Madrid, xa exercía como peña dende que comezara a temporada 2020-2021, non foi ata o 21 de xaneiro deste ano cando o club a recoñeceu como oficial.

Con sede na cafetería Palazós, situada no número 17 da rúa Marina Española de Lugo, a Peña Atlética Lucus Augusti acabou a tempada con 56 socios, malia a súa curta vida. O seu presidente, José Guintián, recoñece que «máis do 90% son de aquí de Lugo», pero tamén hai membros da Pobra de San Xillao, de Sarria e de Lorenzana.

Moitos dos socios deste novo colectivo formaban parte da Peña Atlética Lucense, a máis antiga de todo Galicia, fundada en 1979, pero o seu descontento coa directiva e coa xestión animounos a formar outra nova.