Tralo éxito do mural de Julio César, haberá unha obra castrexa

La Voz LUGO

LUGO CIUDAD

Méndez, con Repetto e As diante do mural de Julio César
Méndez, con Repetto e As diante do mural de Julio César

Lara Méndez loou o grafite de Diego As na Ronda da Muralla

24 jul 2021 . Actualizado a las 17:41 h.

O mural de Julio César que Diego As pintou nunha fachada de 20 metros na Ronda da Muralla xa está rematado, e para a alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, «xa é unha obra icónica de Lugo». A satisfacción do Concello co resultado é tal, que o edil de Xuventude, Mauricio Repetto, avanzou que xa se traballa nunha obra «que represente tamén ao noso pasado castrexo».

O grafite de Julio César foi pintado con motivo do Arde Lucus, e Méndez subliñou que a obra « está a dar a volta ao mundo a través das redes sociais impulsando e dando a coñecer o noso pasado romano, o que nos identifica como pobo». Lembrou puxo tamén en valor a «todos os traballos dos artistas urbanos que embelecen a cidade e cos que o Goberno local vimos traballando desde o ano 2009».

Para o goberno lucense, o grafite é «unha forma de expresión que non só embelece a cidade, senón que nos permite enxalzar ideas, valores e colectivos, e xa tardaba unha obra vinculada co noso pasado romano».