Pinceis a toda velocidade no centro de Lugo

Lorena García Calvo
Lorena García Calvo LUGO / LA VOZ

LUGO CIUDAD

O certame de pintura rápida Cidade de Lugo encheu de arte as rúas da cidade

11 jul 2021 . Actualizado a las 20:18 h.

Se vostede se paseaba este domingo polo casco histórico de Lugo e se atopaba a un artista en plena acción, como se de Antonio López na Porta do Sol se tratase, non debería estrañarse. O máis probable é que fora un dos 37 pintores que participaron no certame de pintura rápida que leva o nome do municipio, e que chegou á súa vixésimo primeira edición.

Desta volta os artistas, ademais de loitar contra o reloxo para representar algún dos recunchos do casco vello, tamén se enfrontaron ás altas temperaturas. Algúns optaron directamente por buscar acubillo á sombra, pero hainos que non teñen medo e situaron o cabalete, o lienzo e os pinceis baixo o sor de rigor. 

O xurado, composto por Ana Santiso Vilar, muralista; Senén Olano Álvarez, docente, e Vanessa Somoza Dominguez, artista plástica; visitou todas as obras e procedeu á deleberación que deu como gañadores Rafael Carrascal García, co 1º premio (1.600€ e diploma), Vicente Soto Fernández, co 2º premio (1.100€ e diploma), Alberto David Fernández Hurtado co 3º (900€ e diploma).