A promoción 2016-21 de Veterinaria gradúase

PAULA CURRÁS / X.M.P. LUGO / LA VOZ

LUGO CIUDAD

O acto de onte pola mañá tivo lugar no auditorio da Facultade de Veterinaria
O acto de onte pola mañá tivo lugar no auditorio da Facultade de Veterinaria ÓSCAR CELA

Máis de oitenta estudantes celebraron o remate da súa formación

10 jul 2021 . Actualizado a las 19:16 h.

A Facultade de Veterinaria do Campus de Lugo da USC celebrou este sábado, ás 11.00, a graduación dos estudantes da promoción 2016-21. O auditorio do centro acolleu no acto ós máis de 80 estudantes que completaron a súa formación de grao nos últimos cinco anos, nunha sesión académica presidida polo reitor da USC, Antonio López.

A celebración contou ademais coa intervención de Montserrat Valcárcel, vicerreitora de Coordinación do Campus de Lugo, o presidente do Colexio de Veterinarios de Lugo, o catedrático da Facultade de Veterinaria, José Luis Benedito; o deputado provincial Pablo Rivera Capón, e o decano da facultade, Gonzalo Fernández Rodríguez, que foi padriño da promoción a petición dos alumnos.