A rapazada tomará os museos de Lugo este verán con obradoiros, contos e misións arqueolóxicas

Laura López LUGO / LA VOZ

LUGO CIUDAD

Presentación do libro «Estampas lucenses»
Presentación do libro «Estampas lucenses» oscar cela

A Rede Museística Provincial presentou novas propostas didácticas para cativos en xullo e agosto. Está aberta a preinscrición para participar nos centros de Lugo, Friol, San Cibrao e Monforte

03 jul 2021 . Actualizado a las 18:58 h.

A rapazada encherá este verán os museos provinciais, grazas ao programa de actividades deseñado para achegar aos máis novos os recursos e coleccións dos centros museísticos e para facilitar a conciliación das familias. A Rede Museística Provincial presentou así unha serie de propostas, entre as que se inclúen obradoiros, contacontos, misións arqueolóxicas e ata un mercado medieval, que se desenvolverán en xullo e agosto nos catro museos que integran a Rede (Museo Provincial de Lugo, Museo Fortaleza San Paio de Narla en Friol, Museo do Mar de San Cibrao e Pazo de Tor en Monforte). A preinscrición xa está aberta.

Velaí o programa de actos en Lugo e en Friol:

Museo Provincial de Lugo

· Culturas compartidas: obradoiro de máscaras utilizando materiais de refugallo como botellas de plástico para a matriz, palla de centeo para o pelo ou la para os complementos. 5, 6, 7, 8, 9 de xullo, de 11.00 a 13.00 horas. 5 prazas. De 8 a 14 anos.

· Pequenos arqueólogos. 2, 3 e 4 de agosto, de 11.30 a 13.00 horas. 5 prazas. De 5 a 7 anos.