Romanos e castrexos colleron o paraugas

Lorena García Calvo
Lorena García Calvo LUGO / LA VOZ

LUGO CIUDAD

Romanos e castrexos deron o pistoletazo de saída á festa
Romanos e castrexos deron o pistoletazo de saída á festa Óscar Cela

A festa de recreación comezou, pasada por auga, a carón da Ponte Romana

17 jun 2021 . Actualizado a las 22:11 h.

Nin tambores, nin entrada das lexións nin toma da cidade. Este Arde Lucus de transición comezou pasado por auga e con romanos e castrexos escenificando, man a man, o inicio da festa de recreación histórica.

A chuvia non quixo perderse o arranque da vixésima edición do Arde Lucus. A iso das nove da noite, na Ponte Romana, debía representarse a entrada das lexións e a toma da cidade. Sen embargo, o mal tempo obrigou a dar un xiro á previsión e foron só un puñado de romanos e castrexos os que acudiron a carón do Miño. Porque o día prestábase máis para coller o paraugas que para botar man da espada.

Cos concelleiros Mauricio Repetto e Ana González Abelleira á fronte, os dous bandos posaron para a foto e deron así, sen formalidades e con bo humor, o pistoletazo de saída a catro días de celebracións e homenaxes á historia da cidade.

O concerto de Califato 3/4
O concerto de Califato 3/4

Mentres eles, á intemperie, daban a benvida á festa, a uns centos de metros, na explanada do pavillón municipal, e a cuberto, o grupo Califato 3/4 encargábase de poñer a nota musical á xornada inaugural. Anticipándose ao mal tempo, o Concello optou por instalar unha carpa que tamén acollerá este venres o concerto de Xabier Díaz e as Adufeiras de Salitre.

Porque o Arde Lucus 2021 xa está en marcha, e aínda que a auga (e a pandemia) desluzan os campamentos e resten brillo ás vestimentas, o espírito segue vivo. Por diante quedan tres días de mostras, recreacións, música e teatro nos que a cidade se somerxerá de novo no pasado nunha edición con espírito de transición. Unha celebración na que as máscaras e as precaucións tamén deben seguir vivas. 

El Arde Lucus empieza este jueves
El Arde Lucus empieza este jueves Óscar Cela

Exhibicións, música e teatro para a xornada do venres

O Arde Lucus ofrece este venres unha programación que incluirá dende exhibicións a teatro. Ás 16.00 terá lugar a inauguración oficial do Macellum, o mercado, no parque de Rosalía. Por mor da pandemia, haberá un control de aforo no acceso. Para as 18.30 horas está previsto que se celebre na Calella do Hospital unha representación teatral, Histriones et saltatores, a cargo de Nostrum Cai, que terá unha segunda función a partir das 20 horas. E para completar as propostas deste segundo día, Xabier Díaz e as Adufeiras de Salitre ofrecerán un concerto na explanada do pabillón municipal para o que xa se esgotaron as entradas. Este venres pola tarde abrirán xa a maioría dos campamentos, con propostas variadas.

Civitas Lucensis (Castra): exposición e fotografía, 18.00 cesteando; 17.30 e 19.30 vestindo ao soldado romano.

Clan de Breogán (Castra): photocol 3D, usos e costumes galaicas, palloza, guerreiro e vestimenta galaica, secadoiro de peles.

Lugdunum (Castra): decoración castrexa, armeiro, maqueta dunha palloza con enseres.

Terra Copora: recreación tenda do lexionario e cabana castrexa.

Salesiani de Lucus Augusti: carpa, pérgola con vestimenta e tenda de contubernio.

Mercenarios Galaicos (Horta Seminario): exposición de armamento galaico, dunha palloza castrexa, tecendo no tear e traballando coa madeira.

Tebras Galaicas (Cantiño Nemesio Cobreros): exposición guiada polo campamento, exposición de panoplia, maqueta de sauna, réplicas de petróglifos, exposicións de artesanía.

Ara Roma (Anxo Fernández Gómez): 19.00 Consagración do templo de Ara Roma; 20.00 Ofrenda a Júpiter; 20.30: Proxección Pax Deorvm.

Lucus Icenas Miliatore (Anxo Fernández Gómez): Asentametno e recepción da raíña Boudica. Rebeldía da raíña Boudica.

Cohors III Lucensium (Praza Maior): Campamento militar.

Asemblearias de Lucus Augusti (Xardíns do Museo Provincial): 17.15 Mostra a vestimenta das patricias; 18.30 Susurros á boca da verdade; 19.30 As Patricias de Roma chegan á cidade.

Kertix (Praza Pío XII). 19.00 Silva Tenebrarum. Exposición de marionetas mitolóxicas e de fábula. Exposición de cestería.

Guardia Pretoriana (Praza de San Marcos): Exposición de condecoración a lexionarios, de armas e corazas, de indumentaria, de utensilios, etc...

Tir Na N`Og (online): 18.00 elaboración da cerámica castrexa, diferenzas no tempo; 20.00 coloquio asociacións.