Nace a Asociación Cultural Lugo Sempre

Suso Varela Pérez
suso varela LUGO / LA VOZ

LUGO CIUDAD

Praza Maior de Lugo, sin terrazas por la cuarentena decretada por el Gobierno.
Praza Maior de Lugo, sin terrazas por la cuarentena decretada por el Gobierno. ALBERTO LÓPEZ

Propoñen melloras no edio da cultura lucense pero tamén propostas de carácter político

15 jun 2021 . Actualizado a las 13:21 h.

Comeza a camiñar a Asociación Cultural Lugo Sempre. «Nace coa intención de poñer un seixo máis no milladoiro da cultura. Queremos apoiar o noso como ben común; sen amos, nen propietarios. O noso idioma, as nosas tradicións, o porvir…; nunca merece ser imposto; pola contra debe ser unha ferramenta de conxunción, de querérmonos, de respecto, de integración, de convivencia...», sinalan nun comunicado onde se expoñen os seus obxectivos e reivindicacións. O presidente deste colectivo é Agustín Gallego, que nas últimas eleccións locais foi nas listas de Galicia Sempre e foi candidato de UPyD. O vicepresidente é o xornalista radiofónico Paco Nieto. E a responsable de Cultura é Melina López.

A asociación, que sinala que non se nutrirá das subvencións, deixa clara as súas intencións: «Lugo Sempre será un foro aberto onde se acollerán todas as manifestacións que confluan en mellorar a calidade de vida dos veciños. O noso compromiso é o de construir non o de axitar debates estériles. Reclamamos xestión eficaz e consenso social; ese ten ser o eixo vertebrador donde se moverá Lugo Sempre que, por certo, como organización nunca participará en ningún tipo de eleccións; non obstante, si algún membro da organización desexa participar da contenda electoral, é moi libre de facelo, con calquera das organizacións existentes ou participar en novas alternativas».

O colectivo xa conta cunha web, http://lugosempre.com/, na que se pode ver un compendio de todo o que reclaman. No mes de setembro, presentarán á sociedade un calendario de traballo, así como un documento con propostas, tanto no eido cultural como as súas ideas a desenvolver «dende o observatório da política».