Delimitarase a zona verde en cinco partes para manter a distancia de seguridade e manteranse os prezos
15 jun 2021 . Actualizado a las 18:34 h.A área de Deportes do Concello de Lugo que dirixe Mauricio Repetto, informa que as piscinas exteriores de Frigsa abrirán ao público este mércores, 16 de xuño ata o 15 de setembro garantindo todas as medidas de seguridade-hixiénico- sanitarias, incluíndo de novo o control no acceso (entrada e saída) e os límites de aforo.
Repetto informou que o aforo máximo permitido da instalación será de 300 usuarias e usuarios, «delimitando a zona verde en 5 zonas para distribuír aos usuarios de maneira que se manteña distancia de seguridade e non se produzan aglomeracións de grupos». Os aseos dos vestiarios e as duchas exteriores poderán ser utilizadas polos bañistas.
O horario de apertura das piscinas será de luns a venres, de 12.00 a 20.30 horas e, de 12.00 a 20.00 horas, os sábados e os domingos. O concelleiro indicou, que se manteñen os prezos de tempadas anteriores e serán de 1 euro para a mocidade até os 15 anos (10’80 € o abono de 15 baños); de 2’20 € para adultos, maiores de 16 anos, (22’30 € o custo do abono) e 11’10 € para pensionistas e para familias a partir de tres membros, 29,90 € (o abono de 15 baños) e 59,10 € (o abono de 30 baños).