O Concello de Lugo lanza una campaña contra o alcol

Laura López LUGO / LA VOZ

LUGO CIUDAD

Presentación da campaña en Vegalsa-Eroski
Presentación da campaña en Vegalsa-Eroski CEDIDA

Quere sensibilizar á mocidade sobre os danos que produce

31 may 2021 . Actualizado a las 09:05 h.

Mauricio Repetto, responsable de Xuventude, presentou unha nova campaña de sensibilización sobre a venda e o consumo de alcol na mocidade, enmarcada na programación do +Xti, organizada polo Concello e subvencionada polo Plan Nacional de Drogas, para facer un chamamento á reflexión sobre a responsabilidade individual e colectiva. Presentouse en Gadis CEAO, con Gonzalo Corredoira, delegado de Lugo; e Antonio Cortés, director RSC, e tamén en Vegalsa-Eroski da Milagrosa, con Pedro Fraga, zefe de zona.

Presentación da campaña en Gadis-Ceao
Presentación da campaña en Gadis-Ceao

A campaña parte da realidade que non se quere ver, dando visibilidade á historia que hai detrás de cada mozo. Creáronse tres historias que contan como conseguen alcol, a compra ilegal, con que frecuencia beben, hábitos de consumo, e os danos que produce na saúde.