Novo libro sobre a etapa de Antonio Fraguas en Lugo

La Voz LUGO

LUGO CIUDAD

Portada do novo libro sobre Antonio Fraguas
Portada do novo libro sobre Antonio Fraguas CEDIDA

Adolfo de Abel Vilela presenta a obra no Vello Cárcere o luns 24

21 may 2021 . Actualizado a las 12:33 h.

Luns 24 • 20.00 horas • Auditorio de O Vello Cárcere (Lugo) • Asistencia de balde, previa inscrición no teléfono 982 297 195 • 

O historiador Adolfo de Abel Vilela (Lugo, 1946) presenta o luns o seu libro número 31, Antonio Fraguas Fraguas. Epistolario, recensións bibliográficas e apéndices. Etapa de Lugo (1950-1959), que é o segundo volume da obra Antonio Fraguas Fraguas, Lugo, a etapa da liberdade e do recoñecemento intelectual e social (1950-1959), que publicou a concellería de Cultura de Lugo. O acto terá lugar ás 20.00 horas no auditorio do Vello Cárcere.

Trátase dunha obra que De Abel Vilela fixera no 2019, ano no que se lle dedicou o Día das Letras Galegas ao polígrafo galego. Nel dáse a coñecer a temática e o contido dos tres primeiros libros que publica na etapa lucense; a recensión de 82 artigos sobre arqueoloxía, prehistoria, historia, arte, xeografía, etnografía, folclore, bibliografía e biografía; e cinco conferencias, así como a rica correspondencia, unha selección de máis de 200 cartas que nos introduce na vida íntima dos autores.