As palabras do ano estarán na Rúa Menorca de Lugo

la voz LUGO

LUGO CIUDAD

Arroxo e ediles do BNG na Rúa Menorca
Arroxo e ediles do BNG na Rúa Menorca

Este espazo peonil acollerá as verbas que elixiu a Real Academia Galega desde o 2014

17 may 2021 . Actualizado a las 14:05 h.

O tenente Alcaldesa e concelleiro de Mobilidade e Infraestruturas de Lugo, Rubén Arroxo, anunciou que a Rúa Menorca foi a escollida para acoller as distintas palabras do ano escollidas desde o 2014. Rubén Arroxo afirmou que «con esta iniciativa queremos seguir coa mellora da imaxe da cidade ao mesmo tempo que poñemos en valor un símbolo tan importante como a lingua galega».

Arroxo dixo que «as distintas palabras situaranse insertadas no pavimento, e estarán acompañadas acompañaranse do ano no que foron distinguidas». Para a inserción utilizarase un material duradeiro e que permita unha visibilidade sinxela do texto. 

Palabra do Ano

 A escolla da Palabra do Ano comezou no ano 2014, a través do Portal das Palabras posto en marcha pola Real Academia Galega e a Fundación Barrié. As seis palabras do ano escollidas até o de agora son: corrupción, refuxiados, irmandade, afouteza, deseucaliptización, sentidiño e Nós.