Laura López
Compromiso social e arte van da man na exposición que a fotógrafa lucense Alba Díaz -nada en Vigo e mestra de inglés no CEIP de Muimenta- vén de inaugurar la galería-taller Vieiros (Rúa Nova, 135). A mostra María Violencia pode visitarse ata finais de novembro de 10.00 a 13.00 e de 18.00 a 21.00 horas, en quendas de catro persoas.
-O título xa nos leva a pensar nas agresións sobre as mulleres...
-Si, o título é un nome, María, e un apelido, Violencia. É María como moitas mulleres que ao longo da historia foron e fomos vistas como a mística da feminidade, virxes, submisas, caladas... Ese é o mandato tradicional do patriarcado. Tamén cando a algunha muller non se lle sabe o nome se lle chama María, tamén se chaman «Marías» as materias menos importantes na escola... Todas fomos «María» algunha vez e sobre ela se asentan as violencias e as discriminacións, o acoso, a explotación sexual, reprodutiva, a desigualdade...