Elena Candia: «Ter a Sánchez na Moncloa é malo para Lugo»

la voz LUGO

LUGO CIUDAD

Elena Candia xunto a Barreiro, De Olano e García Díez
Elena Candia xunto a Barreiro, De Olano e García Díez CEDIDA

Os populares de Lugo sinalan que os resultados de Madrid marcan un cambio político

07 may 2021 . Actualizado a las 12:58 h.

O contundente triunfo do PP nas eleccións na Comunidade de Madrid, sumado á reforzada maioría absoluta obtida polos populares en Galicia nos últimos comicios autonómicos, marcan un cambio profundo nas tendencias políticas en España. Así o expuxo a presidenta provincial do PP e deputada autonómica, Elena Candia, xunto con deputados populares no Congreso, Jaime De Olano e Joaquín García Díez, e o senador por Lugo, José Manuel Barreiro, quenes expresaron esta mañá en rolda de prensa os seus parabéns a Isabel Díaz Ayuso.

Os populares lucense destacaron que o PSOE «foi o gran derrotado, e confírmase que está no camiño de descenso, como xa quedara claro en Galicia; na mesma liña, o populismo, que tan tocado saíu das eleccións autonómicas galegas, vai camiño de entrar na irrelevancia política, como o demostra a saída de quen ata agora foi o seu máximo representante, Pablo Iglesias».

Elena Candia afirmou que «o cambio político neste país xa é unha realidade, e ter ao PSOE gobernando na Moncloa é malo para Galicia e, en particular, para Lugo». Candia dixo que o actual Goberno «eliminou todo o que deixara encamiñado o Goberno de Rajoy»

Concretamente, referiuse é a falta de inversión nas infraestruturas: «Non quere arranxar o firme da A-6. Tampouco arranxa a N.540 que une Lugo con Ourense, a pesares de que os veciños xa están recollendo firmas. Na autovía Lugo-Ourense, Sánchez prioriza os treitos que non afectan a Lugo. O ministerio de Transportes e Adif renuncian a construír as variantes da liña ferroviaria Lugo-Ourense, que nos conectaría coa alta velocidade española e reduciría o tempo da viaxe a Madrid en 20 minutos e eliminou o servizo do 091».

«El mayor enemigo de Sánchez es la realidad»

Pola súa banda, o deputado Jaime de Olano, vicesecretario de Participación do PP, sinalou: «El mayor enemigo de Sánchez es la realidad. Tras las elecciones celebradas el pasado martes en Madrid se pueden extraer conclusiones importantes de carácter nacional. En primer lugar, porque Pedro Sánchez quiso convertirlas en un plebiscito a su persona y a su gestión de la crisis sanitaria y económica; en segundo lugar, porque al celebrase solo en esa CCAA, el debate se centró en los dos modelos que representan el PP y el sanchismo».

E sobre a recuperación e xestión da pandemia, De Olano sinalou: «No hay más que ver el plan de recuperación presentado y del hachazo fiscal al conjunto de los españoles. Suben el IRPF, el impuesto de sucesiones, el de patrimonio, el diésel, los refrescos… Es un ataque a las clases medias y rentas más bajas. Y, ante esta situación, no plantean ninguna medida para reducir el gasto, solo para vaciar el bolsillo de los españoles».