O Vello Cárcere de Lugo expón historias e melodías a ritmo de pezas artesanais autómatas

Laura López LUGO / LA VOZ

LUGO CIUDAD

Alberto López

Abriu a mostra «Kinetiko», para toda a familia, con obxectos únicos creados por Ero Vázquez e Manu Taboada

30 abr 2021 . Actualizado a las 09:57 h.

O Vello Cárcere de Lugo acolle ata o 30 de xuño a exposición Kinetiko, organizada pola compañía teatral Trécola. A mostra contén nove pezas únicas, deseñadas e construídas por Ero Vázquez e Manu Taboada.

Inauguración de Kinetiko
Inauguración de Kinetiko ALBERTO LÓPEZ

En Kinetiko poden atoparse personaxes musicais, que a partires de mecanismos crean sons e ritmos, historias e contos que nacen co movemento dunha manivela ou efectos especiais utilizados tradicionalmente no teatro e no cine, entre outras pezas. Felipe Rivas, concelleiro de Educación e Difusión do Coñecemento, afirmou que «é unha exposición para toda a familia, na que se poderán descubrir historias a través dos mecanismos de cada peza».

Inauguración de Kinetiko
Inauguración de Kinetiko ALBERTO LÓPEZ

A exposición Kinetiko pode visitarse nas celas de mulleres do Vello Cárcere, no seu horario de apertura habitual, de domingo a mércores de 11.00 a 14.00 e de 17.00 a 20.30, e de xoves a sábado de 11.00 a 14.00 e de 17.00 a 22.30 horas.

Inauguración de Kinetiko
Inauguración de Kinetiko ALBERTO LÓPEZ