Un mozo fai trompos polo centro de Lugo co turismo da súa nai, choca contra uns valos da Ronda e fere a un peón

La Voz LUGO

LUGO CIUDAD

Fotograma do accidente na Ronda da Muralla
Fotograma do accidente na Ronda da Muralla

O condutor deuse á fuga, pero foi localizado pola Policía Local

21 abr 2021 . Actualizado a las 10:39 h.

A Ronda da Muralla foi o escenario de dous accidentes, de madrugada, con poucas horas de diferencia, ocorridos a pasada fin de semana. No primeiro deles, un mozo fixo trompos por varias rúas da cidade, chocou contra uns valos da Ronda e feriu a un peón. Aínda que se deu á fuga, foi localizado pola Policía Local. No segundo caso, outro condutor, que deu positivo en alcol, tentou tamén darse á fuga tras chocar contra a beirarrúa na Ronda e rebentar unha roda.

Segundo informan desde a Policía, sobre as 23.00 horas do pasado día 16, unha persoa informa á Sala do 092 da Policía Local de Lugo que observa como un turismo azul realiza un trompo para acceder desde a rúa Emilia Pardo Bazán a Ramón Montenegro, dirección a Fontiñas e á altura da rúa Río Chamoso volve realizar outro cara a esta, perdéndoo de vista, aínda que non deixa de oír o ruído do motor, volvendo aparecer este turismo pola rúa Paxariños para acceder a San Roque.

Como o fai a gran velocidade, a persoa denunciante teme pola integridade da súa muller e fillo e dilles que se introduzan no oco dun portal, continuando o turismo pola rúa San Roque á mesma velocidade cara á Ronda da Muralla oíndo, acto seguido, un forte ruído, momento no que corre cara á Ronda, observando varios valos salva peóns esparexidos pola beirarrúa desta vía, produto dunha colisión deste vehículo, e a un grupo de persoas que anotaron a placa de matrícula, pois o coche fuxira do lugar.