As andainas para maiores de 65 anos comezaron en Lugo cunha visita ao Mitreo

La Voz LUGO

LUGO CIUDAD

As andainas comezaron este venres
As andainas comezaron este venres cedida

A proposta pretende promover a actividade física e combater a soidade

17 abr 2021 . Actualizado a las 05:00 h.

Este venres comezaron na cidade de Lugo as andainas municipais «Lugo móvese cos maiores», unha proposta coa que a área de Benestar, dirixida por Olga López Racamonde, pretende animar aos mairoes de 65 a realizar actividade física. 

A alcaldesa, Lara Méndez, saudou aos participantes no primeiro roteiro, que tiña como destino a Domus do Mitreo. O roteiro enmárcase na programación municipal de animación sociocultural posta en marcha pola área de Benestar, Inclusión e Terceira Idade, coa que se pretende promover a realización de exercicio fisico, de forma grupal en espazos abertos da cidade, fomentando así entre a poboación maior de 65 anos unha maneira saudable de invertir o tempo de lecer.

 O reto é combater o sedentarismo e a soidade e sobrelevar física e animicamente a situacióin da pandemia. As andainas, de arredor de hora e media de duración cada unha, celebraranse cada quiince días ata o 28 de maio. Serán os venres e os que acudan poderán coñecer tamén o MIHL e o Vello Cárcere.