O PP abre unha canle de comunicación cos lucenses a través de Whatsapp

Ramón Carballo convida aos veciños a traladarlles propostas, queixas ou suxerencias dese xeito

Quique Rozas, Elena Candia, Ramón Carballo e Mari Teijeiro
Quique Rozas, Elena Candia, Ramón Carballo e Mari Teijeiro

Lugo

O grupo municipal do Partido Popular en Lugo vén de poñer en marcha unha nova canle de comunicación coa veciñanza, un número de Whatsapp a través do cal queren manter un contacto máis estreito cos lucenses. Según sinalou o voceiro Ramón Carballo, «queremos dar máis posibilidades aos lucenses para poñerse en contacto cos concelleiros do grupo popular, xa que detectamos que, dende o inicio da pandemia, é necesario dar aos cidadáns outras canles de comunicación coas oficinas do grupo municipal para realizar consultas, plantexar dúbidas ou queixarse da falta de actuacións do goberno local».

O número 626 367 127 será o que estará operativo para que os lucenses lles envíen as súas mensaxes. Así mesmo, tamén queren aproveitar esta canle de comunicación para estreitar a relación cos afiliados e simpatizantes. «Todos os que o desexen poderán darse de alta nun servizo de comunicación e lles remitiremos cumprida información do traballo que se desenvolve dende o grupo municipal para que poidan estar ao tanto de todos os temas e iniciativas que se realizan», abunda Carballo. 

Os populares lucenses presentaron a súa nova canle de comunicación acompañados de Elena Candia, Quique Rozas e Mari Teijeiro. 

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

O PP abre unha canle de comunicación cos lucenses a través de Whatsapp