Lugo inaugura os Días Europeos da Artesanía restaurando unha das celosías naturais de vimbio máis vellas de Galicia

Lola Tourón impartiu un obradoiro no Paseo do Rato, onde seguirán as actividades ata o venres

Lola Tourón, no Paseo do Rato
Lola Tourón, no Paseo do Rato

Lugo

Lugo empezou este martes a celebración dos Días Europeos da Artesanía con exposicións e obradoiros, entre eles, o que impartiu Lola Tourón no taller de cestería do Paseo do Rato, coa restauración de celosías de vimbio vivo, «probablemente a celosía natural de vimbios máis vella de Galicia». 

O mércores continúan as actividades que organiza o Centrad, tanto con talleres no Paseo do Rato, como coa elaboración dun mural xunto á sede do Centrad e horarios especiais para visitar a colección de instrumentos musicais.

A artesanía celebra seis días de festa en Lugo

Laura López
Carmen Fieiras, Efrén Castro e Idoia Cuesta, na presentación
Carmen Fieiras, Efrén Castro e Idoia Cuesta, na presentación

O Centrad visibiliza o traballo artesán con obradoiros, exposicións e ata a elaboración dun mural en directo con motivo dos Días Europeos da Artesanía, do 6 ao 11

A festa da artesanía visibilizará e achegará o traballo dos artesáns galegos ao público grazas á programación cultural e lúdica que organiza o Centro de Artesanía e Deseño de Lugo (Centrad), que se suma así á celebración dos Días Europeos da Artesanía, entre os días 6 e 11 de abril. Obradoiros, exposicións e ata un mural en directo dan forma a unha programación pensada para desenvolverse, principalmente, ao aire libre.

O deputado de Artesanía e Deseño, Efrén Castro, explicou que se trata cun programa que facilita que a cidadanía «se interese por técnicas tradicionais que se manteñen con usos e funcións adaptadas á sociedade actual». No caso do mural de esgrafiado na porta do Centrad, Castro subliñou que «é unha intervención que permanecerá, dando máis visibilidade ao Centrad e contribuíndo á humanización da cidade». Ademais, repasou, «facilitarase o acceso á Colección de Instrumentos do Centrad, unha das mostras máis importantes de Europa no que ten que ver coa música medieval». Nese sentido, indicou que as programacións organizadas polos Días da Artesanía acadan, grazas á rede europea, unha difusión importante dentro e fóra do sector e contribúen a situar a artesanía lucense e galega no contexto internacional.

Seguir leyendo

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

Lugo inaugura os Días Europeos da Artesanía restaurando unha das celosías naturais de vimbio máis vellas de Galicia