Lugo abre a porta a viaxar ao pasado da man dos artesáns

Lorena García Calvo
lorena garcía calvo LUGO / LA VOZ

LUGO CIUDAD

A mostra Artesanía Viva comezou este sábado en Lugo
A mostra Artesanía Viva comezou este sábado en Lugo Óscar Cela

Este sábado tivo lugar a primeira xornada dun proxecto que xorde da propia historia

03 abr 2021 . Actualizado a las 18:40 h.

Todos os sábados do mes de abril a Praza da Soidade converterase nun espazo no que viaxar ao pasado, á primeiros do século XX, da man da mostra Artesanía Viva, impulsada dende a área de Cultura do Concello de Lugo, en colaboración coa asociación Traxandaina.

A iniciativa pretende lembrar os oficios que se podían atopar nas feiras e festas de comezos do século pasado, dando a coñecer produtos que quedaron en desuso pero que forman parte da historia e da cultura galegos.

Esta sábado de Semana Santa foi a primeira xornada da mostra que ten como protagonistas a varios artesáns que manteñen vivo o espírito do pasado e da tradición coas súas creacións.