A artesanía instálase en Lugo os sábados de abril

Laura López LUGO / LA VOZ

LUGO CIUDAD

Imaxe de arquivo da Praza da Soidade
Imaxe de arquivo da Praza da Soidade ALBERTO LÓPEZ

Abre a mostra Artesanía Viva, na Praza da Soidade

01 abr 2021 . Actualizado a las 11:22 h.

Sábados de abril • 11.00-20.00 horas • Carpa da Praza da Soidade • Lugo • 

A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, presentou a mostra Artesanía Viva, organizada pola área de Cultura xunto con Traxandaina. Ferreiro explicou que «a carpa da Praza da Soidade acollerá durante os sábados de abril unha mostra que nos permitirá lembrar os oficios que se podían atopar nas feiras e festas de comezos do século XX. Queremos aproveitar un espazo céntrico para dar a coñecer unha serie de produtos que se atopan xa en desuso, mais que forman parte da nosa cultura e da nosa historia». A mostra será os sábados de abril, de 11.00 a 20.00 horas, e cada día contará cun grupo de artesáns.

Este sábado poderá visitarse a mostra de Luís Tordea (cadeiras), Fernando Reboredo (follalateiro) e Bolboreta Fiandeira (fiado de liño e lá). Para o sábado 10, contarase con Alberto Uria (ecomuseo) e Marga Portomeñe (mostra de cabezudos). O 17 cestará Xalgarete (cianotipias en tela), Xosé Darriba (escultura) e Miguel Mosquera (pito pastoril). Pecharán a mostra o 24 os lutieres Xermán Arias (corda), Xaneco (percusión) e Lis (gaitas).

«Tesouro aldeán» é o título da peza que gañou o premio Artesanía de Galicia. Trátase dunha capa contemporánea inspirada nunha lensa antiga de Portomarín, que formaba parte do traxe de garda aldeán

Alta costura inspirada no traxe de garda das mulleres lucenses da aldea

Laura López

A peza máis valorada dos traxes de garda das mulleres das aldeas lucenses de principios do século XX, a lensa, serviu de inspiración aos artesáns do obradoiro lucense Traxandaina para elaborar unha capa contemporánea coa que acaban de gañar o Premio Artesanía de Galicia 2020, que outorga a Xunta. Todo un recoñecemento ao traballo de Tere Astorgano e Antón Sanjurjo, impulsores do taller, e tamén ao patrimonio téxtil da provincia de Lugo. «Recibir este premio é, a nivel emocional, un subidón, non se me ocorre ningún premio mellor que poidamos recibir, nin sequera o nacional, porque o Premio Artesanía de Galicia representa a esencia daquelo no que realmente cremos, é un grande orgullo», declara Tere Astorgano.

Seguir leyendo