Luís, de A Tasca, colga a bandexa tras 50 anos na barra: «Na semana do San Froilán perdía dez quilos»

Lorena García Calvo
lorena garcía calvo LUGO / LA VOZ

LUGO CIUDAD

Luís despídese de A Tasca, que pasará a mans doutro propietario
Luís despídese de A Tasca, que pasará a mans doutro propietario Óscar Cela

Tras medio século rexentando o bar-restaurante de Lugo, xubílase cun feixe de anécdotas na memoria

26 mar 2021 . Actualizado a las 05:00 h.

«Claro que o botarei de menos, pero algún día haberá que xubilarse. Xa cumprín os 67, e chegou o momento de deixalo». A vindeira semana José Luís Rodríguez, dono de A Tasca, un dos míticos locais da Rúa da Cruz, colgará a bandexa. Pechará unha historia de medio século detrás da barra dun bar-restaurante na que comezou cando tiña pouco máis de 13 anos, e na que acumulou anécdotas para varias vidas.

Luís era un mocoso cando seus pais decidiron tomar o relevo dun local chamado Bodegas Bercianas. Fixéronse co negocio e cambiáronlle o nome por A Tasca. «Daquelas só vendías ribeiro de taza, nada de albariños ou rioxas. Cada día despachabas unha barrica de ribeiro, que era o que se tomaba», lembra. Aquel chan de táboas no que cada cunca que caía deixaba pegada só o pisaban homes. «Viña sobre todo xente maior, agora vén xente nova e tamén mulleres, claro. Antes non entraba unha muller soa nin de broma, e cando o facían, viñan varias e pedíanche un mosto ou un refresco».

Luís, de cativo na Tasca, que puxeron en marcha seus pais
Luís, de cativo na Tasca, que puxeron en marcha seus pais

Luís, sen decatarse, foi testemuña de primeira man de como foi evolucionando Lugo e a sociedade co paso das décadas. «Houbo moitos cambios, durante anos o ambiente era a mediodía, logo ás noites, e agora ás fins de semana, se non fora pola pandemia». Pero as modas non só se deixaron ver na axenda, tamén nas consumicións. «Agora a xente toma gyn tonic e cubatas, houbo un tempo no que todo era cervexa».

Se bota a vista atrás, Luis lembra os anos nos que nos bares non entraba a auga mineral. «Con gas só a había nas farmacias, que cha daban cando estabas enfermo. Despois, houbo unha época na que preguntaba aos clientes se con gas ou sen el, e respondíanme que para bebela sen gas xa a bebían da billa». E así, con infinidade de cousas.

Pola memoria de Luís pasan os anos nos que a cervexa de billa desaparecía da cidade durante o inverno. «Vendías tan pouca que xa só pedías botellíns, e cando chegaba o bo tempo volvías ter de grifo». E tamén os tempos nos que cada café acostumaba ir acompañado dunha copa de coñac. «Era case obrigación, case todo o mundo tomaba o café coa copa. Hoxe tomas catro cafés e non ves un coñac na mesa», explica.

Maruchi, muller de Luis, leva corenta anos encargándose da cociña de A Tasca
Maruchi, muller de Luis, leva corenta anos encargándose da cociña de A Tasca Óscar Cela

Durante máis de cinco décadas, a vida de Luís estivo atada á Tasca, e aínda que a hostalaría é un traballo sacrificado, el gozou. «Eu desfrutei, é bonito porque te relacionas con moita xente, fas moitos amigos. É o mellor da hostalería, é certo que é sacrificado, pero todos os traballos o son», resígnase. Moitos clientes habituais acabaron converténdose case en familia, e alá por onde vai, uns e outros coñéceno.

 Agora, co deber cumprido, porá fin a medio século de esforzo, madrugóns e de durmir o xusto. «Teño botado 18 e 19 horas seguidas, sobre todo nas fins de semana. E o San Froilán xa era unha loucura. De durmir tres horas ao día. Así era que todos os anos nesa semana baixaba dez quilos!», conta con certa nostalxia.

A partir do día 1, A Tasca baixará a persiana e José Luís e a súa muller, Maruchi, que leva 40 anos ao pé do canón na cociña, darán o relevo a outros propietarios. As súas fillas encamiñaron a vida por outros sectores, e o negocio, que traspasa, non continuará na familia, pero si na memoria da familia. Luís conservará medio século de vivencias rexentando unha barra. «Mereceu a pena».

Los bares bajaron la persiana este martes a las 18.00 horas

La hostelería lucense se enfrenta a su tercer cierre con locales que rozan ya los 100.000 euros en pérdidas

André S. Zapata

María Guntín

La hostelería lucense se encamina hacia su tercer cierre en menos de un año con las peores perspectivas de toda la pandemia. El cansancio producido por los continuos parones y retornos a la actividad se mezcla con la «tristeza» que supone, según varios de los dueños de estos locales, bajar la persiana de sus negocios con todo lo que eso conlleva. Las nuevas medidas que comienzan este martes a medianoche hieren de nuevo a un sector que ya se tambalea, con locales que afirman rozar ya los 100.000 euros en pérdidas desde el mes de marzo. 

Seguir leyendo