Ciencia ficción sobre o esquecemento
Segundo resumen no argumento, 265-C érguese cada mañá para seguir o plan de actividades que marca a súa axenda, pero ela non lembra o día de onte. Un software implantado no cerebro humano borra a memoria a curto prazo cada noite, así as persoas poden desenvolver as súas funcións dentro do sistema na engrenaxe perfecta, sen pensar nin preguntarse. Porén, hai quen sobrevive na marxe. Son excluídxs, habitantes das Estremas. Nómades ancoradxs á tradición que foxen dese control e atesouran os vestixios dun pasado sepultado. Fiz e Lía farán estourar a normalidade ao entrar na vida de 265-C, tratando mediante unha tecnoloxía arcaica de reverter o seu bloqueo e facerlle recordar. Ao tempo, as súas accións son perseguidas por un anónimo inspector do Departamento de Seguridade Global.
Amnesia 3.0 está escrita e dirixida por Irene Pin. Iria Iglesias é a reponsábel da interactividade e encárgase, xunto a Rocío López, da posprodución. Cristela Torres e Natalia Porca son as produtoras da ficción. A primeira tempada está protagonizada por Daniel Celester, Sara Ferro, Vanessa Dorrei, Monti Castiñeiras, Duarte Galbán, Isabel Naveira e Sabela Arán. Na segunda únense Lidia Veiga, Melania Cruz ou Mabel Rivera, entre outras.