Nace o proxecto «Ciencia no Camiño»

A iniciativa levará obradoiros e charlas por localidades vinculadas ás rutas xacobeas

A presentación da iniciativa foi telematica
A presentación da iniciativa foi telematica

Lugo

A promoción da cultura científica e a innovación, tanto para a poboación escolar como para o público en xeral, a través dunha rede de educación e divulgación nos Camiños de Santiago, é o principal obxectivo do proxecto «Ciencia no Camiño», que botou a andar o xoves 18 cun lanzamento telemático. É unha iniciativa financiada por O Teu Xacobeo da Xunta e liderada pola Asociación Galega de Profesionais do Desenvolvemento Local (Afiprodel). Intégrana, como socios, a Fundación Uxío Novoneyra, o Grupo de Innovación Docente XuvenCiencia do Campus de Lugo e o Grupo de Estudos Territoriais da Universidade da Coruña.

Como explicou Dolores Pena, presidenta de Afiprodel, Ciencia no Camiño nace co propósito de achegarse á poboación escolar preuniversitaria, mais tamén incidirá nas oportunidades que a tecnoloxía, a cultura e o coñecemento científicos supoñen para o desenvolvemento dos municipios e comarcas galegas, sobre todo, no que atinxe a propostas vencelladas a unha promoción do territorio sustentable, como o turismo científico.

O programa proporá obradoiros baseados nos kits de experimentación científica desenvolvidos por XuvenCiencia, que chegarán a colexios e institutos de localidades de diferentes Camiños de Santiago, coma Lugo, Folgoso do Courel, Guntín, A Fonsagrada e Ribadavia. Asemade, emprazamentos como Carnota, Vimianzo, Fisterra ou A Coruña acollerán charlas e intercambios de ideas con personalidades da investigación e a innovación científicas. O traballo quedará documentado e recollido, e editarase unha guía de boas prácticas.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
1 votos
Comentarios

Nace o proxecto «Ciencia no Camiño»