David Fiuza: «Temos que dignificar a Banda Municipal de Lugo»

O novo director aposta por unha agrupación pedagóxica e que estea ao servizo dos lucenses

David Fiuza durante a proba para seleccionar ao director da Banda Municipal de Lugo
David Fiuza durante a proba para seleccionar ao director da Banda Municipal de Lugo

lugo / la voz

David Fiuza Souto (Vila de Cruces, 1985) foi elixido novo director da Banda Municipal de Lugo, un cargo vacante desde que Rosendo Ivorra se xubilara hai máis de catro anos. Desde esa data a agrupación musical non está a pasar os seus mellores momentos, polo que Fiuza asume o reto (tardará polo menos un par de meses en tomar posesión, mentres hai período de revisión e publicación no BOP) de recuperar unha banda con 145 anos de historia.

-Como se definiría?

-Pois como un apaixonado da dirección e en concreto pola banda como instrumento fundamental na cultura galega. E logo son partidario de facer coas bandas centros de estudos e de divulgación pedagóxica.

-Que coñece da Banda de Lugo?

-Pois que ademais de ser unha das poucas que son profesionais en Galicia e lembrar sempre a figura do seu fundador, Xoán Montes, que tivo uns anos de esplendor a finais do século XX, cunha das plantillas máis grandes na península e que tivo en Indalecio Fernández Groba a unha persoa moi recoñecida. Teño a honra de coñecelo e de traballar con el. Con Ivorra non tiven esa sorte, pero sei que foi un bo director.

-Sabe que chega nun momento digamos que difícil.

-Seino. O primeiro que quero facer é saber a fondo cal é a situación, como está a cidade, con que servizos imos dispoñer e a partir de aí crear un proxecto artístico e cultural co que se identifique toda a sociedade lucense. Son consciente de que hai que traballar moito e unha agrupación musical necesita dun director titular para evitar que as cousas se compliquen. Temos, entre todos, que dignificala e crear unha orientación clara.

-E cal é esa orientación?

-O papel das bandas ten que cambiar ao ritmo da sociedade. Unha banda ten que ser dinámica e estar en todos os espazos e atender a todos os públicos. Temos que ser visibles para nenos, mozos, adultos... e presentar un repertorio variado, ecléctico, camaleónico, porque creo que somos un vehículo cultural e un servizo municipal.

David Fiuza, novo director da Banda Municipal de Lugo
David Fiuza, novo director da Banda Municipal de Lugo

-Fala moito de pedagoxía

-Si, temos que fomentar as actividades nos colexios e nos institutos, que xa me conta que se facía, pero eu son un namorado do factor pedagóxico, día a día. Por exemplo, nos concertos, gústame falar co público e guialos no que van a escoitar. Creo que así poderán comprender mellor o que ofrecemos e convertinos nun atractivo cultural. Ademais, temos que ter sinerxias e colaborar con outros servizos municipais e colectivos culturais da cidade.

-Vai a ser tamén o director da Escola de Música, un centro con éxito desde que naceu.

-Cando hai algo que funciona e durante anos, mellor non tocar nada para que se manteña. Terei que ver os espazos que dispoñemos e valoraremos se se poden mellorar nese sentido.

-Dirixe as bandas de Lalín e Gran Canaria. Poderá compaxinar?

-O oficio de director supón que en cantos máis e diferentes lugares esteas, mellor neste caso para Lugo. Na de Lalín, que é afeccionada, comecei un proxecto e a idea é continuar. E a de Gran Canaria son tres concertos ao ano e cinco ensaios. Seguirei coa actividade de director invitado.

Maite Ferreiro e Rubén Arroxo con David Fiuza, novo director da Banda Municipal
Maite Ferreiro e Rubén Arroxo con David Fiuza, novo director da Banda Municipal

Primeiros encontros

O tenente de Alcalde, Rubén Arroxo, xunto coa concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, mantiveron na mañá  unha xuntanza co novo director da Escola e da Banda Municipal de Música, David Fiuza. Na xuntanza, os edís deron a benvida ao novo director.

Maite Ferreiro destacou que «a banda de Lugo, que conta con máis de 140 anos de historia, e nos vindeiros meses retomará a súa actividade ao ter cuberta a praza de Dirección». A edil de cultura agradeceu «a implicación das integrantes da Banda Municipal e o traballo feito dende o departamento de persoal do concello de Lugo no proceso selección de dirección para a Banda e a Escola Municipal de Música».

A última proba do proceso selectivo realizouse na mañá do sábado 13, e consistiu en dirixir un concerto da banda. Previamente, os aspirantes realizaron unha proba de orquestración e análise de partitura, e a proba teórica. Durante o proceso de selección tomáronse todas as precaucións indicadas nos protocolos de prevención da covid-19. 

 Biografía

O novo director da Banda Municipal, David Fiuza (Vila de Cruces, 1985), conta cunha ampla experiencia no posto de dirección, sendo titular da dirección nas bandas de Lalin e Gran Canaria. A maiores, foi director convidado da Banda Municipal da Coruña, Banda Artistica de Merza, Banda Sinfónica Municipal de Madrid, Banda Municipal de Palma de Mallorca, Banda Municipal de Santiago de Compostela, Banda Municipal de Pontevedra, Orquestra Filharmónica Cidade de Pontevedra, Orquestra Xove Vigo 430, Orquestra Armónica de Buñol, Banda da Unión Musical de Meaño e na Orquestra Simfónica da Companhía Portuguesa da Opera. Ademais, conta con experiencia como profesor en múltiples escolas de música, e colabora en accións formativas co conservatorio de música de Lugo.

 

La Banda Municipal de Lugo: un concierto en casi cuatro años

lorena garcía calvo
Uno de los últimos conciertos de la Banda Municipal de Lugo en el templete de la Praza Maior
Uno de los últimos conciertos de la Banda Municipal de Lugo en el templete de la Praza Maior

Los populares dicen que la formación vive su momento más crítico en 150 años, y Cultura defiende que desde la llegada del BNG le dieron prioridad

Corría el año 1876 cuando el Ayuntamiento de Lugo confió al músico y compositor Xoán Montes la formación de una banda municipal que pusiese fondo sonoro a la ciudad. El autor de la melodía de Negra sombra se puso manos a la obra y convirtió la Banda de Música de Lugo, impulsada siete años atrás por un patronato privado, en la municipal. El pirata, de Bellini, fue la primera sinfonía que interpretaron. Hoy, 145 años y un par de amagos de disolución después, la formación se mantiene con vida, aunque de aquella manera. El PP, sin ir más lejos, considera que vive su «momento máis crítico», y el área de Cultura defiende que desde que llegaron al gobierno le han dado «máxima prioridade».

Seguir leyendo

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

David Fiuza: «Temos que dignificar a Banda Municipal de Lugo»