O cemiterio de Lugo abre ao público dende este domingo, pero con horario restrinxido

La Voz LUGO

LUGO CIUDAD

Óscar Cela

Tamén está prevista a súa apertura o día 19 de marzo

13 mar 2021 . Actualizado a las 20:28 h.

A Concelleira de Participación e Servizos para a Veciñanza, Cristina López, informou o sábado da apertura para visitas do Cemiterio Municipal de San Froilán.

Ata este sábado estiveron restrinxidas as visitas e a apertura do Cemiterio circunscribíase unicamente ás cerimonias de enterramento. Este domingo farase a reapertura para visitas, que estarán permitidas entre as once da mañá e as dúas da tarde. Unha vez levantadas certas medidas de restrición fronte ao covid-19, o cemiterio poderá visitarse novamente.

Tamén está prevista a súa apertura o día 19 de marzo, e concretamente entre as 11.00 e as 19.00 horas para visitas.

Ademais, o persoal municipal está realizando todos os servizos funerarios que se demandan. «Dende a Concelleira de Participación e Servizos para a Veciñanza trabállase conxuntamente coa Área de Persoal do Concello para incrementar o persoal municipal e poder dar un mellor servizo» explicou Cristina López.

Medidas restritivas

O Concello tomou a decisión de facer un protocolo para evitar contaxios no camposanto. Por exemplo, no día de Defuntos, e en datas previas e posteriores, as visitas limitáronse a tres persoas por cada unidade de enterramento e cunha duración máxima de 30 minutos.

Tamén con motivo da pandemia, os enterramentos restrinxíronse a horarios matinais para así poder garantir que se cumprían os límites de persoas.