Arelas presenta material educativo para visibilizar a diversidade afectiva

Laura López LUGO / LA VOZ

LUGO CIUDAD

O material inclúe carteis de dez mulleres, coma Laura Bugalho
O material inclúe carteis de dez mulleres, coma Laura Bugalho ARELAS

O colectivo lucense pon a disposición dos colexios galegos unha guía docente, cadernos de actividades e carteis con motivo do 8 de marzo

01 mar 2021 . Actualizado a las 13:20 h.

O feminismo e o respecto pola diversidade afectiva comeza na infancia. É por iso que desde a Asociación de familias de menores trans de Galicia (Arelas), con sede en Lugo, que preside Cristina Palacios, puxeron en marcha unha iniciativa educativa con motivo do 8 de marzo, Día da Muller. Trátase dun material educativo que Arelas pon a disposición dos colexios galegos para «achegar a todo o alumnado a diversidade de identidades, orientacións e familias, loitando para erradicar a LGTBIfobia». É unha máis das iniciativas que este colectivo leva a cabo desde hai anos con centros educativos de toda a comunidade.

Explican desde a asociación que este traballo de visibilización e concienciación é moi importante nunha data coma o 8-M: «Ao igual que calquera muller, tamén son vítimas da discriminación machista e teñen que loitar contra o acoso sexual, a violencia de xénero, a fenda laboral e salarial. Pero tamén contra os prexuízos, o rexeitamento familiar e social, a falla de referentes positivos, a deficiente formación e a falta de capacitación laboral, obstáculos moi importantes para o apoderamento e a integración social destas mulleres», explica Cristina Palacios.

«É por isto que presentamos este material con motivo da celebración do 8 de marzo, Día da Muller, como unha ferramenta contra a discriminación e a invisibilidade das mulleres trans. Para darlles o seu espazo na loita feminista contra as violencias e desigualdades machistas», continúa a presidenta de Arelas.

O material está dispoñible na páxina web de Arelas e consta de varios documentos. Por un lado, está un libro-guía docente de 32 páxinas, no que inclúen unha introdución á diversidade afectivo-sexual e conceptos básicos; unha suxestión metodolóxica sobre como levar a cabo as actividades; dez breves biografías ilustradas de dez mulleres trans -a maioría, referentes actuais-, con contido adicional a través de códigos QR, vídeos ou artigos relacionados con cada unha, que resultaron interesantes para acercarse a estas figuras; e un anexo de referencias lexislativas relacionadas coa diversidade afectivo-sexual.

Por outra banda, ofrecen caderniños de actividades con exercicios adaptados a diferentes rangos de idade. Son catro en total: para primeiro e segundo de primaria; para terceiro e cuarto; para primeiro, segundo e terceiro da ESO; e para cuarto da ESO e Bacharelato.

Referentes positivos

A maiores, vai outro documento con carteis, «un complemento esencial para o desenvolvemento das actividades». Son as dez ilustracións que aparecen na guía docente con información biográfica engadida. As mulleres protagonistas son Marsha P. Johnson, Laura Bugalho, Avery Jackson, Petra De Sutter, Elsa Ruiz, Mara Gómez, Jazz Jennings, Marina Echebarría Saenz, Juani Bermejo e Liniker.

Mickey Mouse se viste de arco iris en el Mes del Orgullo LGTBI

Laura López

Los personajes más emblemáticos de Disney (Mickey y Minnie Mouse) se han vestido con los colores del arco iris para reivindicar la diversidad y la inclusión con motivo del Mes del Orgullo LGTBI, una celebración con la que se defienden los derechos de las personas con orientaciones e identidades diversas. Se trata de Disney Rainbow, una colección especial que ha lanzado Disney Store para destinar una parte de las ventas a colectivos implicados en la defensa de la diversidad; en España, la Asociación de Familias de Menores Trans, Arelas, de Lugo, será la destinataria de este apoyo.

Seguir leyendo