400 debuxos e caraveis polo aniversario de Rosalía

Laura López LUGO / LA VOZ

LUGO CIUDAD

No Museo Provincial entregaron o mércores caraveis e láminas polo Día de Rosalía
No Museo Provincial entregaron o mércores caraveis e láminas polo Día de Rosalía Óscar Cela

Lugo celebrou o Día de Rosalía con agasallos e ofrenda floral

25 feb 2021 . Actualizado a las 11:07 h.

Os museos da Rede Provincial agasallaron ás visitas cunha ilustración e un flor para celebrar o Día de Rosalía. Trátase dun debuxo en carbón realizado pola ilustradora guitiricense Alba Nimbos sobre os versos do poema Cando a luniña aparece, de Cantares Gallegos, e que forma parte dun volume editado polo Centro de Artesanía e Deseño no 150 aniversario do poemario de Rosalía. Co agasallo ía unha copia do manifesto da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG), asinado pola escritora Anna R. Figueiredo. Por outra banda, a vicepresidenta, Maite Ferreiro, e o deputado de Artesanía e Deseño, Efrén Castro, participaron na ofrenda floral organizada pola AELG ante o busto de Rosalía de Castro no parque lucense que leva o seu nome, e no que se reivindicou, un ano máis, o recoñecemento oficial desta data, que celebra o nacemento da escritora.