O Museo Provincial renova a sala de gravado Prieto Nespereira

L.G.C. LUGO / LA VOZ

LUGO CIUDAD

A vicepresidenta da Deputación, Maite Ferreiro, visitando a exposición
A vicepresidenta da Deputación, Maite Ferreiro, visitando a exposición cedida

A sección conserva 19 obras e unha escultura doadas polo artista 

27 dic 2020 . Actualizado a las 17:18 h.

O Museo Provincial de Lugo vén de remodelar a sala monográfica adicada ao gravador Julio Prieto Nespereira. Foi o departamento de Belas artes e restauración o que se encargou dos traballos, que incluiron a substitución do enmarcado e a revisión do estado de conservación dos dezanove gravados e a escultura que se expoñen na sala. Todas, obras de Prieto Nespereira. 

Con esta intervención complétase a remodelación da sección de gravado do museo, logo das melloras efectudas nas coleccións de Castelao e Castro Gil. Tal e como explican dende Vicepresidencia da Deputación, deste xeito rematouse co reenmarcado de todas as obras expostas e o seu acondicionamento con materiais específicos, tales como carpetas de conservación ou vidros antirreflectantes con protección UV e transparentes. Aproveitando os traballos, a área de Restauración comprobou a conservación das obras e actuou nas que o necesitaban. 

A sala Julio Prieto Nespereira acolle dezanove gravados realizados coa técnica do augaforte e unha escultura. Todas estas obras foron doadas polo propio artista ao Museo no ano 1981. No ano 2010 a coleccióni foi reubicada no priemeiro andar do museo, creándose a seccióni de debuxo e gravado galego.