O Concello farase cargo da tumba do compositor Xoán Montes

A concesión do enterramento revertirá no Concello para que este poida restaurar a sepultura

La tumba de Xoán Montes
La tumba de Xoán Montes

Lugo / La Voz

No cemiterio de San Froilán, nun lugar discreto, atópase a tumba do compositor lucense Xoán Montes. Unha lápida, trasladada no seu momento do cemiterio de Magoi e que dende está feita anacos, lembra a figura do músico, do que non quedan descendentes directos. Para poder restaurar e dignificar a tumba do lucense, a área de Participación Cidadá, que dirixe Cristina López, iniciou o proceso para revertir a concesión da unidade de enterramento na que está a tumba de Montes. Agora mesmo está aberto un período de alegacións, pero prevese que non haxa ningún recurso.

Unha vez que a lápida esté en mans do Concello, procederase á súa restauración coa máxima celeridade. «Non agardamos que se presenten recursos, por que entendemos que pasado todo este tempo a sepultura ten que pasar a ser propiedade do pobo de Lugo para poder darlle a dignidade que merece», declarou Cristina López.

A intención da edila de Participación é honrar ao que foi fundador da Banda Municipal de Lugo. Neste sentido, hai poucos meses tamén se restaurou o seu busto e trasladouse á Praza Maior.

O gran compositor, nunha tumba esquecida

lorena garcía calvo

Unha lápida rota e ennegrecida garda a memoria do músico lucense Xoán Montes no cemiterio de San Froilán

Unha humilde lápida de mármore ennegrecida polo paso do tempo e esnaquizada, na que apenas se distinguen os nomes, serve de sepultura a un dos máis grandes compositores galegos de todos os tempos. O máis grande, defenden algúns. Atópase no cemiterio de San Froilán, nunha ringleira calquera, sen indicación algunha. Descansando sobre unha sinxela cama de area, sen flor que a engalane nin placa que a honre. Como unha tumba esquecida baixo a que descansa o recordo -que probablemente non os ósos- do xenio que foi capaz de musicar a melancolía de Rosalía e de facer eterna a «Negra Sombra». O home ao que, alá polas postrimerías do século XIX, Lugo enteiro lle foi ao enterro.

Seguir leyendo

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
6 votos
Comentarios

O Concello farase cargo da tumba do compositor Xoán Montes